luns, 23 de maio de 2022

Recreos de karaoke

 

Un día á semana cada grupo-clase aproveita o recreo para cantar. Arturo recolleu as propostas do alumnado e hai varias listas de reprodución. Ninguén esquece a súa quenda e pasan un rato divertido 

O uso do karaoke ten moitos puntos a favor:

  • esperta o interese do alumnado pola música e desenvolve o sentido do ritmo 
  • axuda a perder o medo escénico e a mellorar a comunicación verbal
  • mellora a observación e a concentración e esperta o interese e a práctica da lectura 
  • crea unha via de expresión dos sentimentos e as emocións e sociabiliza
Moi boa idea, profe Arturo!

domingo, 22 de maio de 2022

De Romaría outra vez

 Por fin, despois de dous anos de pandemia,  puidemos retomar a nosa Romaría das Letras, que vai na súa décima ou undécima edición. Aí é nada!

As familias volveron achegarse ao colexio para acompañarnos na celebración das nosas Letras e gozar coas actuación que cada clase tiña preparadas. 

Todo un éxito, vaia!


E despois dos nervios e da emoción , o mellor é ir de merenda! 
Un xantar ao aire libre con comida sá e de proximidade!

Viva a nosa lingua!
Vivan as nosas Letras!

sábado, 21 de maio de 2022

Sácalle a lingua

As nenas e nenos aprenderon esta canción (A letra é de Fran Rei e Isabel Risco; a música de Jerry Noia ) que lles ensinou Arturo
, o profe de música,  para presumir de lingua... non cada un da súa, senón da NOSA, da Lingua Galega, que sobreviviu centos de anos grazas á xente. 

Eu crieime escoitando a meus pais falando en galego excepto cando nos falaban a nós, ao meu irmán e a min.  Falaban galego entre eles, coas súas respectivas familias, coa xente da vila… pero a nós criáronnos en castelán. Eu só falaba galego cando me falaban en galego, pero, se temos unha fermosa lingua propia, por que non a falamos en tódolos contextos? Cales son as razóns que nos frean a usala en tódalas realidades da nosa sociedade?

Por iso... ao que se meta coa túa fala, ao que pretenda silenciala... 
SÁCALLE A LINGUA! 👅

xoves, 12 de maio de 2022

Mes das Letras

 Comezamos maio, o Mes das Letras, dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán. 




Ruleta de Palabras sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán



Obras de Florencio Delgado: Elixe a resposta correcta 



Poemas de Florencio Delgado: Ordena as letras para obter títulos dos seus poemas

mércores, 11 de maio de 2022

Cantamos con Luis Vallecillo

 Luis Vallecillo. que xa tiña estado no cole outras veces no seu rol de
titiriteiro, veu esta vez a mostrarnos o seu libro "Cantamos?" que, por suposto, forma parte da  nosa biblioteca. 
Un fermoso libro infantil con canción de Luis , textos de Celtia Figueiras e ilustración de Blanca Millán.

Foi unha sesión de canta-contos porque no seu libro os contos non son só para ler e entender pictogramas; fanse cancións, transfórmanse en música para xogar, cantar e bailar con aire de rock ou blues. 

Luis Vallecillo de CEIP SACO E ARCE