domingo, 23 de outubro de 2022

Visita a Celanova

 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria foi de visita a Celanova o día 13 de Outubro. 

Efrén contoulles que alí verían moitas cousas interesantes e atoparían  moitas sorpresas. Unha delas foi a marabillosa Biblioteca do IES Celso Emilio Ferreiro, unha das máis fermosas que el visitara.

O alumnado pasou unha mañá moi fermosa visitando lugares tan fermosos como o Monasterio de San Salvador, a Capela de San Miguel ou a Casa dos Poetas.

O MOSTEIRO

Popularmente coñecido como mosteiro de San Rosendo, é un dos maiores exemplos do esplendor barroco galego dos séculos XVII e XVIII. Consta de dous claustros, unha igrexa e unha torre abacial. O primeiro dos claustros (de carácter procesional e asentado onde anteriormente puido existir outro de estilo románico) comezouse no século XVI e rematouse no XVIII. É obra de varios autores (entre eles, Rodrigo Gil de Hontañón e Antonio Palacios). Posúe unhas magníficas bóvedas tardogóticas edificadas no XVI, así como unha exuberante decoración barroca do século XVIII de influencia compostelá hacia o patio interior. O segundo dos claustros (coñecido como “Poleiro”) rematouse tamén no XVIII (concretamente, no 1722). Destaca aquí a enorme balconada e a biblioteca. Hoxe, este segundo claustro alberga un centro de estudos de secundaria.

O que máis sobresae de todo o conxunto monacal da Idade Moderna é a igrexa, comezada no XVII e rematada no XVIII. Aséntase nun lugar onde debeu haber previamente construcións medievas que se perderon coas reformas levadas a cabo durante os séculos XVI a XVIII. Na devantida igrexa, sobresaen o retablo maior (atribuido a Castro Canseco), dúas sillerías (dos séculos XVI e XVIII, respectivamente) e unha relevante caixa de órgano con dúas fachadas de estilo rococó (obra do século XVIII). Dentro de dita caixa, ubícase un órgano de comezos do século XXI habilitado para a celebración de concertos.

Enlaces interesantes

http://www.terradecelanova.com/html/san_rosendo.htm

https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_San_Salvador_(Celanova)

https://www.youtube.com/watch?v=hGMGunTlJco ( O segredo de San Miguel de Celanova )

Enlace moi interesante sobre o Mosteiro

https://www.youtube.com/watch?v=z-JiIfGGig0&t=2s

CASA DOS POETAS

Museo e casa natal do poeta Manuel Curros Enríquez, adicado a promover a literatura de Celanova e sede da Fundación Curros Enríquez.

A planta Baixa acolle una exposición didáctica permanente sobre os poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro. Na primeira e segunda planta existen espacios destinados á realización de actividades e una sala de esposicións temporais.

O inmoble sitúase no número 37 da rúa que leva o nome do poeta. Está formado por dous edificios: un coa estrutura dunha casa tradicional galega (onde se conserva a lareira e a cheminea) e outra parte de características máis urbanas (na que se inclúe a fachada). A fundación conta cunha exposición permanente onde se fai un percorrido pola vida e obra do recoñecido autor. Tamén se repasan momentos importantes da época (século XIX e comezos do XX) e se fai un achegamento a algún autores celanoveses que, xunto a Curros, lle dan nome ao lugar (“Casa dos Poetas”). Entre eles, está Celso Emilio Ferreiro.

ENLACE 

http://www.currosenriquez.es/

BIBLIOTECA DO IES CELSO EMILIO FERREIRO

A Bilioteca do IES Celso Emilio Ferreiro ten o seu espazo físico na antiga biblioteca dos monxes do clautro novo do Mosteiro de San Salvador, que se coñece na comarca como “ Claustro do Poleiro ”.

O Poleiro é o lugar onde soben as pitas a durmir, polo que á balconada corrida, similar á dos pazos galegos, que percorre tres dos lados do claustro e permite que na primeira altura haxa en realidade dúas plantas, denominouse así.

Era o lugar de residencia dos novicios ( poderíanse considerar “poliños ”). Hoxe está repleto de pitiños adolescentes do século XX.

ENLaCE 

http://bibliotecapoleiro.blogspot.com/p/nos.html

sábado, 15 de outubro de 2022

APADRIÑAMENTO LECTOR 1ª PARTE



Hoxe foi un día especial. Todo o alumnado participou na escolla de padriños e apadriñados para esta actividade do equipo da Biblioteca, o Apadriñamento Lector, donde os padriños escollen un conto e llo lerán ao seu apadriñado. 

 Todo o cole participa desta actividade e xa contan os días que faltan para elexir un lugar axeitado do colexio para ler o conto.

domingo, 9 de outubro de 2022

O OUTONO




O alumnado de 2º de Primaria saiu ao patio 
a festexar a chegada do outono.
Preparáronse para a ocasión e aproveitaron o magnífico 
día que fixo para pasar un bo ratiño xuntos. 
Que ben o pasaron. 
Nótaseslle na cara.😃😃😃🍁🍁