Querido alumnado do CEIP Saco e Arce.
Estamos a piques de rematar o curso, e Efrén ten unha mensaxe para todos e todas.
Escoitade !!!
Querido alumnado do CEIP Saco e Arce.
Estamos a piques de rematar o curso, e Efrén ten unha mensaxe para todos e todas.
Escoitade !!!
O noso Efrén non deixa de sorprendernos. Non so é o guardián da biblioteca do cole, amigo de todas as nenas e nenos, animándoos á lectura de bos libros. Agora tamén é o compañeiro de viaxe do alumnado que practica fútbol gaélico no cole. Non podían chamarse doutro xeito... " OS ESQUÍOS DE TOÉN ".
Sodes un grupo xenial, así como de xeniais son os vosos adestradores. Compañeirismo, enerxía, solidaridade, fortaleza e paixón polo deporte deste grupo de nenos e nenas do CEIP Saco e Arce.
O profe Arturo inventou a letra desta canción dedicada a Efrén, a nosa mascota. Este esquío é o noso amigo dende hai unha chea de anos cando un día apareceu polo cole e quedou a vivir na biblioteca. Sempre nos acompaña nas actividades que se levan a cabo e anímanos a que, o que fagamos, o fagamos ben e con gusto e ilusión.
Na semana da Biblioteca, Efrén quixo regalarlles ás nenas e nenos uns contos.
Pasou pola biblioteca para elixilos e contóullelos con moita profesionalidade.
Efrén, que adoita estár na Biblio dedicado aos seus labores, quixo dar a benvida a todas as nenas, nenos e profes neste comezo de curso no que, xa todas sabemos por que, teremos que asimilar novas normas, novas formas de comportamento e, esperemos que non, novas formas de aprendizaxe (que xa practicamos o curso pasado).
E fíxoo preparado con todos os medios de prevención, como facemos todas e todos : máscara, pantalla e xel nas mans.
De tódolos xeitos, somos optimistas e agardamos que sexa un ano coma todos os demais: cheiño de novas propostas, novas actividades e coma sempre... cheíño de soños.


Ola! Xa sabedes quen son, ¿non si? Si, claro, son Efrén, a mascota do cole. Pero tamén son a mascota da Biblioteca. Por iso vou empezar por dicirvos que este é o meu lugar preferido (claro que...iso xa o sabedes!) e animarvos a que o visitedes con frecuencia.. Ao mellor calquera día podemos compartir lecturas!! Neste centro, os profesores e as profesoras levan xa bastantes anos dedicándose con entusiasmo a que os escolares nos interesemos pola lectura. Para iso, crearon a Biblioteca escolar, onde podemos atopar libros que nos informan e nos divirten. Fai uns anos, participaron en varios Proxectos de Formación para prepararse ben niso de animarnos a ler . Así me enterei de que os profes tamén estudian. .. E digo eu,... a eles tamén lles fan exames? Tamén decoraron as ventás con debuxos para darlle á Biblio un aspecto máis acolledor e que nos sintamos cómodos. A que vos gustan ? Os profes contáronme que, cando instalaron a biblioteca nesta sala, primeiro fixeron un “expurgo” (non, non encontraron ningunha pulga, nin nada diso ) senón que elixiron os libros máis axeitados para nós, para as nosas idades e intereses e cada ano mercan libros novos para ter unha biblioteca o máis completa posible. Pero ... e se un día ides buscar un libro, "peli" ou CD que vos recomendaron e non o hai na Biblio? Pois, que podedes usar o "buzón de suxerencias" para pedirmos, e eu farei o posible para que os merquen. Xa vedes que este ano fixeron cambios na distribución dos espazos, e tamén van instalar uns cantos ordenadores para que poidamos ter acceso as novas tecnoloxías fóra da clase. E outra das novidades é o Clube de LE-ons. Non sabedes o que é? Pois, cada mes, os que mais libros lean, os máis Le-ons , entrarán neste clube e recibirán un "pin" coa miña imaxe como agasallo. Que vos parece? Con todas estas estratexias, os profes lograron que moitos compañeir@s e eu mesmo sexamos “devoralecturas” , “devoracontos” e “devoralibros” e no meu caso, non é por presumir, pero en lectura son o rei. E por iso me nomearon BIBLIOMASCOTA e me invitan a axudarlles na dinamización da Biblioteca. |