sábado, 24 de abril de 2021

Tendal literario


 Antes dos anos 60 do século pasado, os anos nos que as nosas avoas eran pequenas, case en ningunha casa había lavadora , e moito menos secadora . A roupa lavábase á man no río ou no lavadoiro empregando xabón feito na casa e tendíase a secar ao sol e ao aire. E as mais maiores comentaban que a roupa do tendal dicía moito de quen a lavaba e tendía. Ás mulleres gustáballes presumir da roupa que colgaban no tendal.

Agora xa non é tan doado ver a roupa secando ao sol, sobre todo na cidade, e por iso nós para presumir dos nosos traballos tendémolos para que os vexa todo o mundo.

Para mostrar cales son os nosos libros favoritos organizamos un Tendal Literario

Primeiro, os nenas e nenos  convertéronse en deseñadoras e deseñadores  e cada un creou a súa peza de roupa e tuneouna ao seu gusto, poñendo parches, bordados, e adornos variados. Despois,  en cadansúa peza escribiron o título e o autor do libro e tamén unha cita ou unha pequena sinopse do mesmo.

xoves, 15 de abril de 2021

Regalamos contos


 Este ano facer apadriñamento lector como en anos anteriores resulta un pouco complicado, e non quixemos expoñernos ... Por iso argallamos outra actividade :Un  mestre ou un nenx regalou un conto aos compañeirxs na hora de leer.

Pero ademáis divertímonos lendo contos a escuras, facendo teatro de sombras, escoitando contos no kamishibai , e ata inventando contos para os compañeirxs.


Ata Efrén se pasou pola biblioteca e levou a cabo o préstamo durante estes días.

mércores, 14 de abril de 2021

Había unha vez un conto

 

Nos tempos das  bisavoas e tataravoas  ds noss nenos e nenas ter un libro na casa era ter un tesouro porque eran un artigo de luxo. A bisavoa do meu neto (87) recorda a alegría que sentia cando a mestra lle deixaba levar un conto á casa.

E @s que tivemos a sorte de pasar tempo con elas aínda recordamos os contos, lendas , romances ... que sabían de memoria e nos contaban con tanto agarimo. Algúns deles contábanos en castelan, porque así fora como os aprenderan.


A avoa de Duarte  conta unha lenda

Os grilos 

Este era un rey ...

La Buena Pipa

O casamento da pulga e o piollo

Los tres cerditos

Caperucita 

sábado, 3 de abril de 2021

Mes dos libros

O mes de abril segundo o refraneiro é o mes da chuvia, pero para nós é o mes dos libros porque comeza co Día do Libro Infantil o día 2  e continua co Dia Mundial do Libro, o día 23.
Ao longo do ano, o noso obxectivo é espertar no   alumnado o interese e o amor polos libros e a lectura e convertela nun hábito de vida.
A través da historia, moitos foron os libros que lograron que a imaxinación dxs nenxs non deixase de medrar, converténdoos en adultxs capaces de crear, e facer dos soños unha realidade.
Ademáis das historias que encerran, os libros poden converterse en grandes mestres porque neles atopamos valores que lle van dando  forma á  personalidade de cada un 

Por todo isto, na biblioteca ofrecemos moitas actividades relacionadas coa lectura e cos libros: exposicións, contacontos, guías de lectura, recomendacións ...
O ano  pasado foron moitxs xs escritorxs e ilustradorxs que nos achegaron a súa particular mensaxe de animación á lectura, como fan este ano outrxs autorxs neste video que nos envia a OEPLI (Organización Española Para o Libro Infantil)