luns, 31 de outubro de 2011

XA CHEGOU O SAMAÍN

Estades aburrid@s ? Non sabedes que facer nun día sen "cole" e chuvioso como o de hoxe?


Queredes pasar medo...? Lede un destes  libros e...  apagade as luces...
Efrén recoméndavos... Guía de lectura

 Aquí vos deixo tamén unha idea:  facede un "mordepáxinas" terrorífico coma estes...



Tamén podedes probar un destes xogos... 


Ou contestar unhas preguntiñas...


Ou escoitar un conto... 

Ou ver unha peli...


E que tal si practicades un pouco o vocabulario de Halloween?



FELIZ SAMAIN!

HAPPY HALLOWEEN!!!

domingo, 30 de outubro de 2011

EFRÉN, EN LECTURA O REI


Ola! Xa sabedes quen son, ¿non si?
Si, claro, son
 Efrén, a mascota do cole.
 Pero tamén son a mascota da Biblioteca. Por iso vou empezar por dicirvos que este é o meu lugar preferido (claro que...iso xa o  sabedes!) e animarvos a que o visitedes con frecuencia.. Ao mellor calquera día podemos compartir lecturas!!

Neste centro, os profesores e as profesoras levan xa bastantes anos dedicándose con entusiasmo a que os escolares nos interesemos pola lectura.
 
 Para iso, crearon a Biblioteca escolar, onde podemos atopar libros que nos informan e nos divirten.

Fai uns anos, participaron en varios Proxectos de Formación para prepararse ben niso de animarnos a ler . Así me enterei de que os profes tamén estudian. .. E digo eu,... a eles tamén lles fan exames?
                                                                                                                                                            
 Tamén decoraron as ventás con debuxos para darlle á Biblio un aspecto máis acolledor e que nos sintamos cómodos. A que vos gustan ? 

Os profes contáronme que, cando instalaron a biblioteca nesta sala, primeiro fixeron un “expurgo” (non, non encontraron ningunha pulga, nin nada diso ) senón que elixiron os libros máis axeitados para nós, para as nosas idades e intereses e cada ano mercan libros novos para ter unha biblioteca o máis completa posible.

Pero ... e  se un día  ides buscar un libro, "peli" ou CD que vos recomendaron  e non o hai na Biblio? Pois,  que podedes usar o "buzón de suxerencias" para pedirmos, e eu  farei o posible para que os merquen. 

Xa vedes que este ano fixeron cambios na distribución dos espazos,  e tamén van instalar uns cantos ordenadores para que poidamos ter acceso as novas tecnoloxías fóra da clase.

E outra das novidades é o Clube de LE-ons. Non sabedes o que é? Pois, cada mes, os que mais libros lean, os máis Le-ons , entrarán neste clube e recibirán un "pin" coa miña imaxe como agasallo. Que vos parece?

Con todas estas estratexias, os profes lograron que moitos compañeir@s e eu mesmo sexamos “devoralecturas” , “devoracontos” e “devoralibros” e no meu caso, non é por presumir, pero en lectura son o rei.

E por iso me nomearon 
BIBLIOMASCOTA e me invitan a axudarlles na dinamización da Biblioteca.