No cole estamos moi sensibilizados cos problemas medioambientais, quizais porque estamos rodeados de natureza.
Todos os anos plantamos árbores, no patio ou fóra.
E este ano, como somos conscientes de que o noso papel co medio ambiente ten que ir mais alá de apreciar a natureza, decidimos adoptar unha árbore do noso patio.
Cada clase elixiu unha especie de árbore diferente para aprender sobre ela, coidala e respectala .
Ademáis, como o día da árbore e o día da poesía van collidos da man, decidimos escribir un poema para a nosa árbore e adornala
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
mércores, 29 de marzo de 2017
domingo, 26 de marzo de 2017
Escaleiras poéticas
Unha das actividades que ideamos para celebrar a poesía foi converter as escaleiras do cole nun espazo de lectura.
Eliximos o poema "Galicia" de Manuel María e seleccionamos duas estrofas. Repartimos os versos entre todas as aulas e os nenos escribiron as palabras e decoraron cadanseu verso.
Xuntámonos na Hora de ler para colocar os 8 versos ordeados formando o poema:
Escaleira by Slidely Slideshow
mércores, 15 de marzo de 2017
8 M: Mulleres na Ciencia
As mulleres poden considerarse como as grandes olvidadas da historia.
Aparecen tan escasamente na Ciencia, na Literatura e na Arte que parece que non participaron en estes ámbitos da cultura, cando sen moitas delas a historia da humanidade sería diferente.
Por que sucede isto?
Por unha banda, porque sempre tiveron moitos obstáculos para desenvolver os seus intereses e capacidades (moitas tiveron que loitar contra a incomprensión da sociedade do seu tempo ou contra a absurda discriminación baseada no sexo ), por outra, porque ás que conseguiron facelo, nunca se lles recoñeceu o seu mérito e non aparecen nomeadas nas enciclopedias ou nos libros.
Os dereitos que as mulleres do mundo occidental teñen na actualidade débense ao esforzo de moitas delas que, ao longo dos séculos traballaron para conseguilos, facéndose un oco nun mundo de homes.
Nós quixemos reivindicar o papel das mulleres na Ciencia enchendo o noso taboleiro de mulleres científicas porque, aínda que moitas sexan unhas descoñecidas, levaron a cabo importantes traballos de investigación e contribuíron na construción dunha sociedade máis xusta para mulleres e homes.

venres, 3 de marzo de 2017
A tuna do Centro de Día
Os avós e avoas do Centro de Día devolvéronnos a visita que lles fixemos polo día de Rosalía.
Non viñeron só a ver o desfile e as actuacións, senón a participar da nosa festa de Entroido.
Convertéronse na Tuna da Facultade de Ciencias de Toén e compartiron connosco as súas cancións.
E nós... encantados!
xoves, 2 de marzo de 2017
Dia grande de Entroido: Desfile e Comedias
O venres de entroido no cole sempre é estupendo.
Desfilamos lucindo os nosos disfraces e representamos as comedias que preparamos en cada clase.
Esta é unha tradición propia de Mugares, onde o martes de entroido se representaban no Eiró.
Os MARCIANIÑOS de EI
Os PIPETAS de 1º EP
Os ARQUEÓLOGOS de 2º EP
Os FISICOS de 3º EP
"ANIMAIS EN PERIGO" de 4º EP
Os
ROBÓTICOS de 5º EP
TOXIC TOURS de 6º EP

mércores, 1 de marzo de 2017
#Somos valentes
Xa sabedes que enviamos o noso rap a Mediaset para colaborar na campaña #sebuscan#valientes.
Pois, recibimos esta mensaxe :
Entrade en calquera das páxinas que suxiren (facebook, twitter, instagram), ou no enlace e poderedes ver o que fixeron.
BEN FEITO, rapeir@s!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)