martes, 25 de maio de 2021

Himno Galego

 En calquera celebración que se precie non pode faltar o Himno Galego.

 Sabiades que xurdiu grazas á Galicia emigrante? Pois sí,  naceu en Cuba en 1907 e estreouse no Gran Teatro da Habana. A letra é do poema "Os pinos " de Eduardo Pondal e a música do mestre Pascual Veiga. Non é un poema escrito para a ocasión, senón que aparece no libro "Queixumes dos Pinos"

O motivo central do  himno é  que Galicia cambie o seu rumbo, que esperte do seu soño e que emprenda o camiño da liberdade.

Arturo conseguiu que todo o alumnado de 1º a 6º de EP, participara tocando esta versión 

luns, 24 de maio de 2021

A Romaría das Letras

 A nosa Romaría das Letras sempre foi moi comentada. Nela participaban moitas familias e ofreciamos diferentes actividades culturais: xogos tradicionais, danza e música galega, lectura de textos  da  persoa homenaxeada o Día das Letras Galegas , representacións teatrais ...

Este ano tivemos que cambiar a celebración : as representacións, danzas e música en directo foron substituídas por material pregravado. As familias non puideron participar na festa do galego na escola pero disfrutárona na casa.

Para rematar o Proxecto sobre as Lembranzas dxs avós e avoas organizamos una festa popular  con comida campestre para que a rapazada esquecera durante uns momentos o virus e  as máscaras e compartira un anaco coas compañeiras , compañeiros e profesorado  como se facía antigamente nas festas e romarías.

Este é o álbum de fotos:

E este é o video :

luns, 17 de maio de 2021

A Festa das Letras

 


Un ano mais, e por causa da pandemia, o noso Festival das Letras Galegas realizouse sen a presenza das familias pero, iso si, coa mesma ilusión .

Ao longo da semana, cada grupo  gravou a súa aportación coma homenaxe á nosa lingua e á protagonista de este ano que xa coñecemos todxs: Xela Arias.

mércores, 5 de maio de 2021

o X, unha letra moi Galega


Este ano a letra X é a protagonista, a que nos abre as portas ao universo de Xela Arias, unha muller que non só foi escritora, senón que tamén traduciu ao galego unha morea de novelas e contos para que os gocemos na nosa lingua.



Achegamos algúns recursos didácticos e divulgativos sobre a figura de Xela Arias que atopamos pola rede



  • A súa VIDA E OBRA


Picade na imaxe para ler, xogar, descargar ...




 Seminario Galán





Picade na imaxe




AELG


Video




Video1        Video2      Video 3         



Biografía, poemas ...  (picade na imaxe)



Telexornal Xela Arias  - CPI dos Dices - Rois

Homenaxes a Xela Arias en Sarria - Lugo

A vida de Xela Arias en lingua de signos  - UVigo TV

Xela e a palabra : Xela tradutora

Xela Arias na Radio Galega - Entrevistas e poemas

  • Os seus POEMAS

Seu fillo le un poema de "Darío a diario" un libro que lle dedicou sendo un bebé

Denuncia do equilibrio  

Tigres coma cabalos

Intempériome

Darío a diario

"Nunha entrezona da miña barriga había un rato"

Outras voces para as letras de Xela- Homenaxe audiovisual no que quince persoas                ( familiares, artistas, escritoras e persoas anónimas ) divulgan o legado de Xela Arias

Videoclip  de O Recuncho de Tambo - 

Eu son


Na nosa biblioteca hai libros de todo tipo: libros que axudan a durmir, outros que falan sobre nenas que superan dificultades, que experimentan e xogan; hai libros sobre o valor da amizade, libros para enfrontarse aos medos e a inseguridade, sobre a empatía e a solidariedade, a ecoloxía, as emocións, os mundos imaxinarios, sobre mulleres que rompen as reglas e buscan o seu propio destino...

E cadanseu libro ten unha protagonista ou un protagonista ao que nos gustaría parecernos ...

Imos celebrar o mes dos libros tratando de parecernos a estes e estas  personaxes que están entre os nosos favoritos. 

Os maios


 Por segundo ano, as familias colaboraron na creación dos maios.   Facelos no cole coma todos os anos  pareceunos inviable, pois a mestura de nenos e nenas de varios grupos aínda non está permitido.        Algúns nenos e nenas trouxéronos ao cole, onde quedaron expostos para que todo o mundo os vise. 

Escribíronse as coplas e o alumnado de sexto cantounas con moito ritmo.