Samaín con contos na nosa Biblio !!!
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
mércores, 22 de outubro de 2025
venres, 3 de novembro de 2023
luns, 26 de decembro de 2022
Halloween-Samaín 2022
Cando chega a última noite de outubro, previo ao día de fieles difuntos, celébrase esta festa que tanto gusta aos rapaces e rapazas do cole. O feito de disfrazarse de demos, bruxas e todo tipo de persoaxes malignos, fai que teñan os seus medos cara a cara e se decaten que eses medos e temores non son para tanto... Atoparlle unha parte positiva, de risa, ... ver que so é un compañeiro/a caracterizado...Pero que saibades, que non todos/as estñan preparados para afrontalo......
mércores, 23 de novembro de 2022
O Monstriño do Río Miño
Con motivo do Samaín, e tendo de referencia o noso proxecto anual sobre a auga.... " Cada gota conta ", o alumnado ddo cole, tanto de Infantil coma de Primaria, fixo o debuxo do seu monstruiño do río Miño. Moitos deles tamén lle escribiu algunha das características peculiares do monstruo.
Velaí tedes os traballos de todos/as
luns, 1 de novembro de 2021
Coidado, non morras de medo
Porque non sei se o sabedes, pero nesa data os mortos teñen autorización para camiñar entre os vivos e a xente ten a oportunidade de reunirse cos espíritus dos seus devanceiros.
Ao cole achegáronse multitude de "seres" diferentes: pantasmas, monstros, bruxas, demos, esqueletos ... e cantaron e bailaron ao ritmo de músicas tenebrosas, que son as que máis os animan.
Cabazas de Samaín
domingo, 1 de novembro de 2020
Noite das ánimas
Samaín, Noite de Defuntos, Noite dos mortos, Festa dos calacús ... En Galicia temos moitos nomes para referirnos á mesma data .
Para qué queremos chamarlle Halloween? Deixemos iso para a clase de inglés...
E, coma todos os anos, as pantasmas, monstros e demos viñeron ao cole, pero respectando as normas.
Cabazas, calacús ... como lle chamas ti?
Coma todos os anos, aproveitamos a celebración do Samaín para facer unha exposición de cabazas.
Este ano, por aquilo do virus, pedimos que viñesen decoradas, non talladas...
A imaxinación non ten límites...
venres, 8 de novembro de 2019
EcoMedos
Tivestes palpitacións?
![]() |
| O Monstro ComeMedos |
Hai persoas que lle teñen medo ás alturas, outras á escuridade e outras a voar...
Nos quixemos saber cales eran os medos das nosas nenas e nenos en relación co medio ambiente.
O monstro do medo enguliu as nosas preocupacións e por iso agora estamos moito máis tranquilxs.
Escollemos unhas cantas e lémolas en voz alta na festa
E aquí podedes velas todas e tamén os debuxos que fixemos.
venres, 1 de novembro de 2019
Samain
Coma todos os anos, os últimos días de outubro achéganse ao cole seres do máis aló, ánimas en pena que deixaron algún asunto pendente neste mundo, mortos que volveron á vida, caveiras e esqueletos falantes, meigas chuchonas e lobisomes....
Desfilan, fan o seu esconxuro, cantan e bailan connosco ...
E nos, encantadxs de recibilxs a todxs ... por iso a nosa é unha biblioteca inclusiva.
Este ano, as bruxas e os monstros do lixo uníronse á festa. Son malos, malísimos: non separan os desperdicios, mesturan todo na mesma bolsa... non se preocupan polo medio ambiente...Non saben nada das cores da reciclaxe...
Pero nós ímoslles dar unha lección!
As rapazas e rapaces de 6º decoraron a Habitación do Pánico.
Daba moooito medo entrar alí!
Se queredes ver máis fotos da festa, picade AQUI
domingo, 4 de novembro de 2018
Xa está aquí ... o Samaín
Ao longo de toda a semana, Clara e Sara, ademáis de decorar o comedor dun xeito arrepiante, cociñaron para nós os pratos máis abraiantes
ComedorTenebroso by Slidely Slideshow
Escribimos un "poemiña" para informar aos nenos das películas nas que se podían inspirar para elixir os disfraces.
Cada clase preparou o cartel dunha das películas .
Samaín de pelicula by Slidely Slideshow
Cantamos cancións de medo e os alumnos de 6º EP fixeron un esconxuro que, como se faga realidade... non vos quero contar as "pintas" que traerán os profes o vindeiro día...!
E, para os que quixeron vivir unha experiencia inesquecible e pasar medo de verdade, os profes prepararon un "cuarto do terror" . Non sabemos o que había alí dentro pero, pódovos dicir que os que se atreveron a entrar e lograron sobrevivir, saían coas caras esbrancuxadas e cos ollos abertos coma pratos....
Non vos digo máis!
OCuartoDoTerror by Slidely Slideshow
Así que, se esta noite oídes o tintinar dunha campaíña 🔔, atrancade fiestras e portas…
Poida que sexa a Santa Compaña!
mércores, 1 de novembro de 2017
Un Samaín de Alucine
Os nenos/as tiveron que investigar en que película de terror aparece o seu disfrace e escribir os datos sobre a mesma: director, personaxes principais, actores e actrices que participan e ano de produción da mesma.
Tede moito coidado cos mortos, coas almas errantes, cos trasnos e coas fadas e, se vedes algunha bruxa, chiscádelle un ollo!
Se queredes ver todo o que fixemos, picade na imaxe e buscade os enlaces...
domingo, 6 de novembro de 2016
Samaín de medo...
De medo o pasamos asustando aos amigos e aos profes!
Samain by Slidely Slideshow
E de regalo... un conto terrorífico... "CADAVERCITA ROJA"
A ver se vos gusta ... e non morredes de medo!
Polo Samaín: Quimica Siniestra
Este ano, como introdución ao noso proxecto anual, non podían faltar os científicos maléficos que prepararon apócemas siniestras para enmeigar a profes e nen@s e transformalos en criaturas aterradoras, alterando os seus xenes e provocando mutacións nos seus corpos.....
Apocemas by Slidely Photo Gallery
No seguinte video podedes ver unha mostra dos esconxuros:
martes, 3 de novembro de 2015
Escola de Monstros
A ver se recoñecedes a algunha das "criaturas" que viñeron á escola ese día...
Lede, lede...
domingo, 1 de novembro de 2015
SAMAÍN
Ola, nenas e nenos...
Contade, contade...
Despois de beber a apócema ...
Sobrevivistes á noite dos mortos?
Aínda estades posuíd@s por algún espíritu?
Máis vale que o digades!!!
Algún de vos, quizais espertou convertido nun monstro peludo...
Imaxinade o "cole" cheíño de arañas, morcegos e píntegas
Nunca volveredes ser coma antes ....
HA HA HA HA HA
E agora... , se vos atrevedes, podedes mirar esta curta...
"A aventura de Nera"
venres, 31 de outubro de 2014
Samaín no cole
Samaín 2014 by Slidely Photo Gallery
E.. este é o esconxuro que escribiron @s brux@s de 5º e 6º de EP ...
Esperemos que non se cumpra...
Abaixo podedes ler o libro "Monstros" no que colaboraron todas as nenas e nenos:
O Samaín: un pouco de historia
Os druídas consideraban esta data un momento perfecto para reverenciar as ánimas dos mortos que voltaban ás súas antigas casas a visitar ás súas familias, quentárense a carón do lume e comer os alimentos que os parentes con agarimo lles tiñan preparados.
Ao caer a tarde, os druídas acendían foqueiras para guiar aos mortos na escuridade e facilitarlles o camiño a aldea para participar nas honras preparadas polas familias.
O costume era deixar comida e doces fóra das súas casa e acender candeas para axudar ás ánimas dos mortos a atopar o camiño cara a Luz e o descanso xunto ao Deus Sol, nas terrras do Verán.
Pero ese último día, os espíritus tamén podían salir dos cemiterios e apoderarse dos corpos dos vivos para resucitar, pedirlles alimentos e maldecilos, facéndoos víctimas de esconxuros se non accedían as suas peticions.
Algúns veciños adoitaban disfrazarse con peles e cabezas de animais para asustar e despistar a estes malos espiritus.

Esquecida case por completo durante décadas, a festa de Samaín comezou a recuperarse hai uns anos e a celebrarse e gran número de lugares onde algúns anciáns aínda recordaban a tradición que consistía na elaboración de feroces caveiras feitas de remolachas, nabos ou cabazas e que coincidía cos días de Defuntos e Todos os Santos (1 e 2 de novembro)
De estas tradicións celtas procede o noso costume de reverenciar aos que xa non están connosco o Día de Defuntos, visitar os cemiterios e poñer flores e candeas nas sepulturas.
No século XIX a tradición chegou a Estados Unidos dende países como Escocia e Irlanda, xa que moita xente emigrou a Norteamérica fuxindo da fame que asolaba Europa naqueles anos. Esta é a orixe do Halloween (All Hallows' Eve, "véspera de Todos os Santos").
![]() |
| Santi Gutierrez |
xoves, 31 de outubro de 2013
Xa está aquí o SAMAÍN
A noite do 31 de outubro é a mais perigosa do ano... As portas do alén ábrense e as ánimas saen a visitar este mundo.... Por iso son moi frecuentes as aparicións da Santa Compaña na Noite de Todos os Santos.
Para afastar as ánimas defuntas e errantes, adoitanse facer caliveras na cortiza das cabazas.
Estas son as nosas propostas de actividades e lecturas para esta semana:
Se queres pasar medo...
Cada grupo decorou a porta da súa aula e fixemos unha exposición de cabazas
| Free picture slideshow personalized with Smilebox |
Disfrazarse é divertido... E con algo reciclado... moito mellor!
Actividades na Biblio
Como sempre, a Biblio foi o punto de encontro para celebrar o Samaín
| A free photo slideshow by Smilebox |
venres, 16 de novembro de 2012
CONXUROS POR AQUI E POR ACOLÁ...
XA PODEDES DISFRUTAR DO LIBRO DE CONXUROS.
LEDE...SE VOS ATREVEDES...
PERO... COIDADO!... PODE SER PERIGOSO!






