domingo, 26 de febreiro de 2023

DÍA DAS MULLERES CIENTÍFICAS - Veterinaria de Moreiras

 




Hoxe, 11 de febreiro conmemoramos o día das mulleres e nenas científicas.

E para tal ocasión, a AFA contactou con Conchi, veterinaria de Moreiras. 

Contounos cosas moi interesantes sobre como chegou a ser veterinaria. 

Sabedes que todo xurdiu a partires da súa avoa Domicila ?? Daquela, as mascotas eran aqueles animais que proporcionaban para comer. Os cans e os gatos non eran considerados mascotas.

Contounos moitas anécdotas sobre o seu traballo. Sabíades que na súa profesión tamén se fan inspeccións a metadeiros, supermercados, etc... para comprobar que se cumpren as normas de hixiene e que a comida esté en bo estado ?

Tamén nos enteramos que existen veterinarias no exército e en laboratorios...

Unha xornada moi instructiva e educativa. Aprendimos moitas cousas e nos animou a perseguir os nosos soños.

Moitas grazas, Conchi !!!!!

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS


Que facer se temos unha ferida ??

Como actuar ante unha queimadura ?

Viñeron a darnos unha charla sobre estas cuestións relacionadas coa saúde e como actuar ente moitos supostos que se poden dar a diario. Torceduras, moratóns, atragantamentos....  

Ademáis fixemos unha sesión práctica dunha RCP ( reanimación cardiopulmonar ) cos nosos peluches.

Foi unha sesión moi divertida á vez que moi importante
para todos !! Pasámolo xenial !!!

E salvamos a todos os peluches !!!!!

 

mércores, 22 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

 E chegou o ENTROIDO !!!

Non faltou ningún ingrediente nesta festa que celebramos no colexio.

Xoves de compadres e comadres, fareleiro, desfile, festival e algunha sorpresiña que foi xurdindo polo camiño...

O Proxecto deste curso, como ben sabedes, é a AUGA. Apareceron motivos relacionados co proxecto por todos lados, excepto no ceo. Tivemos uns días espectaculares para poder celebrar esta festa.

Grazas a todo o profesorado e aos nenos e nenas do cole polo tempo dedicado a ensaios, traxes...

Grazas tamén a todas as familias que vos achegastes ao colexio para ver o espectáculo.

Como non, ás famlias de 6º de primaria que argallaron o " Recuncho culinario " co fin de recaudar diñeiro para a excursión de 6º. 

Todo saíu xenial. Apertiñas a todos e todas e a desfrutar do entroido !!!!


martes, 21 de febreiro de 2023

Carreira de Muíños


 


A actividade física tamén está presente no noso cole. Tan saudable para o corpo no seu aspecto físico como na súa parte emocional. Retomamos, por medio de Xogade, o Campo a través de Muíños. 

Tivamos que esperar moito tempo para ir pois se foi aplazando desde o mes de Novembro e por fin tivemos a saída tan esperada por todos. 

Un marabilloso día, nun entorno privilexiado e compartindo experiencias. Todo foi sobre rodas... e sobre pernas !!


Día da Paz

 Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos o día mundial da Paz.

Este curso, ten unha relevancia especial. Cando xa pensabamos que as guerras eran cousa do pasado, alá polo Século XX, aparece nos nosos días unha guerra tan absurda e innecesaria que berremos ben alto que 

NON QUEREMOS METRALLETAS !!

QUEREMOS PANDEIRETAS !!

Plantemos en Toén cada un de nós unha árbore pola PAZ. 

Regala e coidala é tarefa de todos e cada un de nós.

Para esa aventura, acompañounos hoxe Anxo Moure, escritor, contacontos, ecopacifista e amigo do noso colexio desde fai moitos anos. A última vez fumos invitados á súa casa de Mariz ( Chantada ), na aldea de Garabelos. Agora visitou o noso cole acompañado do seu patinete.


Pola mañá, todo o cole foi colocando un barquiño de papel cunha mensaxe de Paz ao longo do enreixado do colexio. Contra vento e marea, eses barquiños deben navegar polas ondas para chegar ao seu destino.