Na semana da Biblioteca, Efrén quixo regalarlles ás nenas e nenos uns contos.
Pasou pola biblioteca para elixilos e contóullelos con moita profesionalidade.
Na semana da Biblioteca, Efrén quixo regalarlles ás nenas e nenos uns contos.
Pasou pola biblioteca para elixilos e contóullelos con moita profesionalidade.
A literatura ofrécenos a posibilidade de visitar innumerables mundos e lugares que só existen na imaxinación dos escritores que os crearon.
Agora que as viaxes están limitadas e que so podemos movernos dentro do noso concello, os libros permítennos chegar tan lonxe como queiramos. Non teñades reparo en asomarvos a novas lecturas, a novos mundos. Así que, collede un libro e COMEZADE A VIAXE!
Elaboramos este Atlas de Lugares Imaxinarios para que a vosa imaxinación se poña en marcha...
Cantos destes lugares tendes visitado?
A onde vos levou a vosa última lectura?
Esperamos as vosas respostas (pica na ligazón e responde o cuestionario)
E tanto que contan!
Contan en todos os campos, pero na Literatura infantil contan moito.
E na nosa biblio hai moitas escritoras que nos encantan.
Algunhas son da nosa terra e outras dun pouco máis lonxe, pero os seus libros gústannos por igual.
No Día da Biblioteca, quixemos facerlles unha pequena homenaxe a todas estas mulleres que nos fan vivir aventuras, fannos rir, cantar, tremer de medo ou emocionarnos ... e tamén viaxar aos lugares que visitan os seus personaxes.
Seleccionamos libros na biblio e investigamos sobre as autoras para saber algo da súa vida, das súas obras e da súa procedencia. Descubrimos que moitos dos seus libros están traducidos a gran número de idiomas. Situamos as autoras elixidas nun mapa para coñecer un pouco de xeografía a través destas mulleres. E xuntámonos na biblio co noso "grupo burbulla" para ler un fragmento dunha das súas obras.
Quino nunca tivo fillos, pero ninguén dubida de que Mafalda foi a mellor descendente que puido ter. Esta pequena, que naceu en 1964, e as súas mensaxes irónicas e contestatarias, que fan pensar á xente e defenden un mundo mellor, fixérono inmortal.
As inquedanzas desa nena tan inconformista seguen sendo as mesmas que nos preocupan hoxe en día: o feminismo, a democracia, a paz, a ecoloxía ...
Quino, que a tinta da terra che debuxe unha eternidade alegre como a que ti nos regalaches durante tantos anos. E, cando chegues a onde queira que vaias, dalle unha aperta a Castelao e outra a Forges.
A Biblio volve estar aberta, pero para usala imos ter que seguir un protocolo que impida que o virus "acampe" entre os libros e nos dea un susto.