martes, 30 de abril de 2019

Familias de fábula

A escola é pouca cousa sen as familias. 
O noso obxectivo con esta actividade é que se integren nas actividades dxs fillxs e que compartan o tempo de lectura . E, de paso, que compartan o seu tempo connosco.
Todxs xs nenxs desfrutaron moitísimo cos contos que lles contaron e non perderon detalle do que lles mostraron.
 








pola vosa colaboración.


sábado, 27 de abril de 2019

Regalamos contos

Desta vez, o regalo non foi para un só compañeirx senón para a clase completa...
Os alumnxs maiores, por parellas ou tríos contáronlle contos aos máis pequenos.
Que boa práctica a de ler en voz alta!
E que bo agasallo para os pequechxs!


venres, 26 de abril de 2019

O ouro doce

O mel en Galicia sempre tivo moita importancia, por iso se conservan antigos colmeares ao longo e ancho do país . 
Para coñecer un pouco máis deste alimento natural e ecolóxico asistimos a unha charla onde nos explicaron que é o mel, que elementos se precisan para extraela, cales son as diferenzas entre os tres tipos de abellas que habitan as colmeas e como son os panais .
Tamén nos ensinaron unha colmea e ata nos vestimos co traxe que emprega o apicultor e vimos as ferramentas coas que traballa.
Despois, agasalláronnos cun bote de mel, para que o probaramos na casa.

Mmmmmm!
 Delicioso!



E, por se queredes ver as abellas en acción, podedes mirar este video:

xoves, 25 de abril de 2019

Conectados, pero seguros

A familia ten que preocuparse da seguridade dxs nenxs cando comecen a explorar o mundo online  porque son moitos os riscos que corren  navegando por internet.
 É moi importante que  sigan os consellos que nos deron na charla informativa que tivo lugar  na biblioteca do cole.

Que consellos lles podemos dar aos nenxs sobre as redes sociais?

1. Cando crees un perfil social, configura a privacidade para que os contidos que publiques so poidan ser vistos polos teus amigos, que son a túa familia e as persoas que coñeces no colexio, no parque ...  
2. Moitas persoas so se preocupan do numero de seguidores que teñen, porque iso lles indica o famosos que son. Esto fai que acaben aceptando calquera petición de amizade, ainda que non coñezan á persoa, 
Ten en conta que as persoas que coñeces por internet son descoñecidos, NON SON TEUS AMIGOS. Non podes ver quen está ao outro lado da pantalla, pode ser alguén que estea mintindo ou que teña intereses ocultos que poderían danarte. 
3. Se alguén che pregunta cousas como onde vives, o teu número de teléfono ou quere que lle envíes fotos, que poñas a webcam  ou que quedes con el/ela, avisa a  teus pais. Iso é mellor deixalo para os amigos verdadeiros, aos que coñezas en persoa.
4. Cando publicas unha foto na internet, perdes o control sobre a súa difusión. Aínda que a borres, non desaparece da rede.
5. Na internet hai que comportarse con respecto. Non fagas aos demais o que non queiras que che fagan a ti. Non insultes nin ameaces  a ninguén . Sempre se pode saber quen escribiu ou puxo fotos na internet e saberán que fuches ti.
6. Se che sucede algo que non te fai sentir ben, se alguén te insulta ou te ameaza, comunícallelo aos teus pais. Tes que saber decir NON ás cousas que non queres facer 
7. Non todo o que ves na internet, como tampouco o que ves na tele é verdade. A xente adoita compartir so os bos momentos, iso non quere dicir que teñan unha vida perfecta.
8. COIDADO COS RETOS. Ás veces  vemos compartida nas redes sociais algunha actividade que se pon de moda e que reta a outras persoas a facer o mesmo e compartir o resultado . Moitos destes retos so pretenden facer dano.
9. Para evitar que algúen acceda á túa conta e publique contido coma se fora teu, debes usar un contrasinal que so coñezas ti (e a túa familia). Non lle digas o teu contrasinal a ninguén máis.
10. Non perdas demasiado tempo nas redes sociais, pode facer que te distraigas e que te olvides do verdadeiramente importante.

xoves, 11 de abril de 2019

Sira e o robot

Mark Wiersma é de California e Miguel Mosqueira é de Lalín. Xuntos escribiron a historia e a música para
Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, segunda entrega dun proxecto único no mundo: un musical futurista no que conviven en harmonía galego e inglés .

Estamos en Xullo de 2050. Unha vaga de calor causada polo cambio climático chega a Megametrópole, capital de The New Galicia, lugar onde o inglés acaba de ser nomeado lingua cooficial, xunto o galego.
Sira e o Robot deciden refrescarse na Cool Cave, nas aforas da cidade. Alí descubrirán por casualidade os plans radiactivos do malvado Technoduro que supoñen un perigo mortal para o mundo enteiro menos para Hawai, lugar de residencia dos ricos todos do universo.

Mark estivo na biblio do cole e con él comentamos o argumento do libro do que é coautor e tamén cantamos as cancións .  Falar con el e ler o seu libro serviunos para mellorar o noso nivel de inglés .
(Se picades na portada, podedes escoitar de novo un anaquiño das cancións.)


mércores, 3 de abril de 2019

Libros que alimentan

A alimentación, os hábitos de comida, os trastornos alimentarios son temas que preocupan tanto na escola coma na familia. 
A comida desempeña un importante papel no proceso de socialización do ser humano. A través dela, xs nenxs aprenden regras de comportamento e normas sociais. 
A literatura infantil non é allea a este tema e son moitos os contos e libros informativos nos que aparece a alimentación directa ou indirectamente.
O  proxecto "Aliméntate ben" levounos a facer unha exposición de libros sobre alimentación sá na entrada do cole, onde o alumnado pode atopar  libros sobre os bos hábitos alimenticios, alimentos imprescindibles para medrar sans, cociña para nenxs e consellos para qeu aprendan a comer ben.
Ademais, o Equipo de comedor argallou un "premio" para  os aquelxs que teñen un bo comportamento, faln en voz baixa, proban de todo e respectan a compañeirxs e colaboradorxs: Un Efrén cociñeiro que viaxa de casa en casa cun lote de libros que, nunca mellor dito, saben que alimentan...

luns, 1 de abril de 2019

Abril de libros


Abril é un mes especial na nosa biblioteca que, como sabedes, está chea de libros que axudan a durmir, outros que falan sobre nenas que superan dificultades, que experimentan e xogan; sobre o valor da amizade, para enfrontarse aos medos e a inseguridade, sobre a empatía e a solidariedade, sobre as relacións cos pais e os irmáns,  as emocións ; sobre como enganan as aparenzas, para resolver conflitos e entender o sen sentido das guerras, sobre os mundos imaxinarios, sobre a soidade e a comunicación, sobre os movementos migratorios, ou sobre mulleres que rompren tabúes e buscan o seu destino..

Estas son algunhas das actividades que temos preparadas: