Mark Wiersma é de California e Miguel Mosqueira é de Lalín. Xuntos escribiron a historia e a música para
Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, segunda entrega dun proxecto único no mundo: un musical futurista no que conviven en harmonía galego e inglés .
Estamos en Xullo de 2050. Unha vaga de calor causada polo cambio climático chega a Megametrópole, capital de The New Galicia, lugar onde o inglés acaba de ser nomeado lingua cooficial, xunto o galego.
Sira e o Robot deciden refrescarse na Cool Cave, nas aforas da cidade. Alí descubrirán por casualidade os plans radiactivos do malvado Technoduro que supoñen un perigo mortal para o mundo enteiro menos para Hawai, lugar de residencia dos ricos todos do universo.
Mark estivo na biblio do cole e con él comentamos o argumento do libro do que é coautor e tamén cantamos as cancións . Falar con el e ler o seu libro serviunos para mellorar o noso nivel de inglés .
(Se picades na portada, podedes escoitar de novo un anaquiño das cancións.)
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Ningún comentario:
Publicar un comentario