É moi importante que sigan os consellos que nos deron na charla informativa que tivo lugar na biblioteca do cole.
Que consellos lles podemos dar aos nenxs sobre as redes sociais?
1. Cando crees un perfil social, configura a privacidade para que os contidos que publiques so poidan ser vistos polos teus amigos, que son a túa familia e as persoas que coñeces no colexio, no parque ...
2. Moitas persoas so se preocupan do numero de seguidores que teñen, porque iso lles indica o famosos que son. Esto fai que acaben aceptando calquera petición de amizade, ainda que non coñezan á persoa,
Ten en conta que as persoas que coñeces por internet son descoñecidos, NON SON TEUS AMIGOS. Non podes ver quen está ao outro lado da pantalla, pode ser alguén que estea mintindo ou que teña intereses ocultos que poderían danarte.
3. Se alguén che pregunta cousas como onde vives, o teu número de teléfono ou quere que lle envíes fotos, que poñas a webcam ou que quedes con el/ela, avisa a teus pais. Iso é mellor deixalo para os amigos verdadeiros, aos que coñezas en persoa.
4. Cando publicas unha foto na internet, perdes o control sobre a súa difusión. Aínda que a borres, non desaparece da rede.
5. Na internet hai que comportarse con respecto. Non fagas aos demais o que non queiras que che fagan a ti. Non insultes nin ameaces a ninguén . Sempre se pode saber quen escribiu ou puxo fotos na internet e saberán que fuches ti.
6. Se che sucede algo que non te fai sentir ben, se alguén te insulta ou te ameaza, comunícallelo aos teus pais. Tes que saber decir NON ás cousas que non queres facer
7. Non todo o que ves na internet, como tampouco o que ves na tele é verdade. A xente adoita compartir so os bos momentos, iso non quere dicir que teñan unha vida perfecta.
8. COIDADO COS RETOS. Ás veces vemos compartida nas redes sociais algunha actividade que se pon de moda e que reta a outras persoas a facer o mesmo e compartir o resultado . Moitos destes retos so pretenden facer dano.
9. Para evitar que algúen acceda á túa conta e publique contido coma se fora teu, debes usar un contrasinal que so coñezas ti (e a túa familia). Non lle digas o teu contrasinal a ninguén máis.
10. Non perdas demasiado tempo nas redes sociais, pode facer que te distraigas e que te olvides do verdadeiramente importante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario