PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén

Amosando publicacións coa etiqueta 8Marzo b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de marzo de 2024
martes, 28 de marzo de 2023
martes, 10 de marzo de 2020
Mulleres
A todas as mulleres galegas:
Redeiras. Mariscadoras. Pescadeiras.
Labradoras. Gandeiras.
Tendeiras. Limpadoras.
Mulleres da súa casa que coidan dos pais e os netos.
Industriais; soldadoras, administrativas
traballadoras das fábricas, das conserveiras.
Costureiras. Dependentas,
auxiliares de clínica, mestras ..
científicas, deportistas, cineastas,
viúvas, fillas, netas, tías, irmás, nais, avoas, bisavoas....
Grazas a todas por estardes ahí!
Para renderlle homenaxe a todas, todas as mulleres galegas, que merecerían unha estatua en calquera praza de calquera cidade, cada clase contruiu unha escultura empregando materiais de refugallo: caixas, teas, tubos de cartón ....
Con elas pretendemos dar visibilidade ó traballo que realizan as mulleres, moitos deles considerados "de homes" ata non fai moito e reivindicar que a igualdade entre mulleres e homes é unha realidade.

luns, 11 de marzo de 2019
Cineastas galegas con todas as letras
Alice Guy foia precursora do cinema actual. Foi a primeira persoa en realizar unha película, a primeira que empregou o cinema para contar historias.
Pero, como noutras moitas ocasións, a historia esqueceu o seu papel por ser muller, e deu aos irmáns Lumiere, os inventores do cinematógrafo, todo o recoñecemento.
Na actualidade, a desigualdade entre homes e mulleres no mundo do cinema segue existindo.
Non so as actrices, senón tamén as directoras, produtoras, operadoras de cámara ou guionistas atopan diferenzas de salario e de oportunidades con respecto aos homes. E con respecto as nominacións a algún premio, ocorre o mesmo: hai unha maioría aplastante de homes.
"Unha muller que queira dirixir unha película ten moitas menos posibilidades de facelo que un home, aínda que sexa igual de boa, e o mesmo ocorre cos guións"
Yvonne Blake, Directora da Academia de Cine
Só na provincia de Pontevedra hai máis de 70 directoras de cine, pero a maioría delas son descoñecidas.
As mulleres son unha parte moi activa da sociedade e, tamén no mundo do cinema, debemos poñer en valor o seu traballo.
Nós investigamos sobre as mulleres no cinema galego e atopamos cineastas con todas as letras do alfabeto. Picade nas fotos e descubrídeas:

venres, 8 de marzo de 2019
Dia da muller
Fixémonos eco dun programa posto en marcha por un fabricante de xoguetes, chamado "Close the dream gap", e que nos chamamos "Acabemos coa fenda dos soños" .
Este programa, coma nos, pretende desmontar os estereotipos sexistas.
Para conseguilo, temos que educar á sociedade sobre os prexuizos de xénero, estereotipos culturais e outros factores que impiden que as nenas alcancen o seu pleno potencial.
E tamén mostrar modelos positivos de mulleres de todas as idades, profesións e condicións sociais para que descubran todas as oportunidades que poden ter.
E, por suposto, animar a todas e todos a perseguir os seus soños, porque as nenas e os nenos poden facer calquera cousa que se propoñan.

xoves, 15 de marzo de 2018
Mulleres de cine
Seguro que se vos preguntamos nomes de directores, guionistas ou productores de cine, poderiades citar uns cantos.
Pero, cantas cineastas poderiades nomear? Aposto a que un número moito máis pequeno.
¿Por que sucede isto, se as mulleres levan formando parte da creación cinematográfica dende os inicios do cinema, compartindo e descubrindo técnicas , experimentando e producindo?
Parece ser que a direción no cinema non é diferente do resto das profesións: o acceso a postos de poder e decisión segue estando vetado ás mulleres. Porque nos últimos dez anos, so o 7% das películas realizadas en España foron dirixidas por mulleres. So o 15% partiron dun guión escrito por unha muller. E so o 21% foron producidas por unha muller.
Despois, fixemos unha posta en común e contámoslles aos compañeiros o que pescudamos sobre cada unha delas:
MulleresDecine by Slidely Slideshow

E seguindo cos datos, o 84% das axudas públicas foron destinadas a filmes dirixidos por homes, aínda que os filmes cunha directora chegan aos festivais un 10% máis e gañan premios un 6% máis que os realizados por homes.
Nós quixemos poñer en valor o traballo das mulleres no cine, dende as pioneiras ata a actualidade, investigando sobre a súa vida e os seus logros:
Nós quixemos poñer en valor o traballo das mulleres no cine, dende as pioneiras ata a actualidade, investigando sobre a súa vida e os seus logros:
Despois, fixemos unha posta en común e contámoslles aos compañeiros o que pescudamos sobre cada unha delas:
MulleresDecine by Slidely Slideshow
mércores, 14 de marzo de 2018
É xusto?
De xeración en xeración as persoas fan seus os elementos culturais e sociais que garanten a súa integración na sociedade.
Este proceso non debe ser distinto para as nenas e os nenos; non se deben asignar roles diferentes segundo o sexo nen poñer etiquetas que os impulsen a realizar tarefas ou a ter comportamentos distintos polo feito de pertencer a un ou a outro sexo. Estes estereotipos determinan os plans de vida a nivel profesional, sentimental, económico ...
Estas desigualdades non son beneficiosas para ninguén e manteñen unha situación inxusta, que frea o desenvolvemento da sociedade.
Fixemos grupos de idades similares e grabamos o proceso.
Este foi o resultado:
Educación Infantil
Primeiro e segundo de EP
Terceiro e cuarto de EP
Quinto e sexto de EP
Por problemas técnicos non temos o video da actividade, pero sí o de outra das actividades que levamos a cabo: un acertixo que anda polas redes sociais e que eles resolveron á primeira:
Este proceso non debe ser distinto para as nenas e os nenos; non se deben asignar roles diferentes segundo o sexo nen poñer etiquetas que os impulsen a realizar tarefas ou a ter comportamentos distintos polo feito de pertencer a un ou a outro sexo. Estes estereotipos determinan os plans de vida a nivel profesional, sentimental, económico ...
Estas desigualdades non son beneficiosas para ninguén e manteñen unha situación inxusta, que frea o desenvolvemento da sociedade.
Que credes que opinan os nenos e nenas sobre o pago desigual entre homes e mulleres ?
Levamos a cabo un pequeno "experimento" que nos axudou a reflexionar sobre este tema.Fixemos grupos de idades similares e grabamos o proceso.
Este foi o resultado:
Educación Infantil
Primeiro e segundo de EP
Terceiro e cuarto de EP
Quinto e sexto de EP
Por problemas técnicos non temos o video da actividade, pero sí o de outra das actividades que levamos a cabo: un acertixo que anda polas redes sociais e que eles resolveron á primeira:
venres, 9 de marzo de 2018
Mulleres tiñan que ser!
"Brindemos polas tolas, polas inadaptadas
polas rebeldes, polas alborotadoras,
polas que non encaixan,
polas que ven as cousas dunha maneira diferente.
Non lles gustan as regras e non respectan o status-quo.
Podes citalas, non estar de acordo con elas,
glorificalas ou vilipendialas.
Pero o que non podes facer es ignoralas.
Porque cambian as cousas.
Empuxan cara adiante a raza humana.
Mentres alguns as ven coma loucas,
nos vemos o xenio.
Porque as mulleres que se cren tan loucas
como para pensar que poden cambiar o mundo
son as que o fan."

Jack Kerouac
Por iso, milleiros e milleiros de mulleres (e homes) de todas as idades recorreron as rúas de Ourense, e encheron vilas e cidades de toda Galicia e de toda España : porque desexan cambiar o mundo. Porque desexan que desaparezan as diferenzas que aínda hoxe,
no século XXI seguen existindo entre homes e mulleres.
Diferenzas de oportunidades , diferenzas de salario,
diferenzas no reparto das tarefas do fogar,
trabas para conciliar a vida familiar e laboral ...
E podemos dicir que
AS MULLERES FIXERON HISTORIA este 8 de marzo,
porque sen as mulleres o mundo non funcionaría.
mércores, 15 de marzo de 2017
8 M: Mulleres na Ciencia
As mulleres poden considerarse como as grandes olvidadas da historia.
Aparecen tan escasamente na Ciencia, na Literatura e na Arte que parece que non participaron en estes ámbitos da cultura, cando sen moitas delas a historia da humanidade sería diferente.
Por que sucede isto?
Por unha banda, porque sempre tiveron moitos obstáculos para desenvolver os seus intereses e capacidades (moitas tiveron que loitar contra a incomprensión da sociedade do seu tempo ou contra a absurda discriminación baseada no sexo ), por outra, porque ás que conseguiron facelo, nunca se lles recoñeceu o seu mérito e non aparecen nomeadas nas enciclopedias ou nos libros.
Os dereitos que as mulleres do mundo occidental teñen na actualidade débense ao esforzo de moitas delas que, ao longo dos séculos traballaron para conseguilos, facéndose un oco nun mundo de homes.
Nós quixemos reivindicar o papel das mulleres na Ciencia enchendo o noso taboleiro de mulleres científicas porque, aínda que moitas sexan unhas descoñecidas, levaron a cabo importantes traballos de investigación e contribuíron na construción dunha sociedade máis xusta para mulleres e homes.

sábado, 7 de marzo de 2015
As mulleres tamén pintan
Se vos pido que digades nomes de pintores... cantos coñecedes?
Unha chea deles, non?
E si vos pido que digades nomes de pintoras? Cantos sabedes?
Ese é outro cantar!
Por que coñecemos tan poucos nomes de pintoras?
Por que razón hai tan poucos cadros de pintoras nos grandes museos?
Será porque ás mulleres non lles gusta pintar, porque non o fan ben ... ou será por algunha outra razón?
Que vos parece?
Ao longo da historia houbo moitas mulleres que pintaban igual (ou mellor) que os homes, pero (que inxusto!) non chegaron a ser famosas coma eles.
Para saber mais, podes visitar as seguintes páxinas:
Pintoras famosas de diferentes países (pica na imaxe)
Homenaxe as mulleres artistas
Mulleres pintoras (pica na imaxe)

E pintoras galegas, coñecedes algunha ? (ademáis da profe María, claro!)
Pois tamén hai... e ben boas por certo!!
A ver se sodes quen de atopar información sobre as pintoras que aparecen no video, ou de outras que vos gusten e facemos unha recompilación de biografías e obras pictóricas para conmemorar o 8 de Marzo ... Que vos parece?
Veña!
A que agardades?
Mans á obra!

venres, 6 de marzo de 2015
8 de marzo
Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova Iork a protestar polas míseras condicións en que traballaban.
A partires de esa data, producíronse distintas manifestacións e folgas.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mujeres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, chamámoslle Día Internacional da Muller.
![]() |
Ilustracion: Leandro Lamas |
Picade na imaxe e atoparedes unha recompilación de recursos feita por Biblogcañiza para traballar esta data .

E unha Unidade Didáctica de Os Poemas do río
"O libro dos porcos" de Anthony Browne
xoves, 7 de marzo de 2013
8 de marzo
Déixovos uns recursos para aprender máis , pero sobre todo para reflexionar e debatir sobre o Día da Muller.
É unha data que debe seguir conmemorándose?
Que vos parece?
É unha data que debe seguir conmemorándose?
Que vos parece?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)