Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de outubro de 2020

Efrén contacontos

 Na semana da Biblioteca, Efrén quixo regalarlles ás nenas e nenos uns contos.                                             

Pasou pola biblioteca para elixilos e contóullelos con moita profesionalidade. 

sábado, 13 de xuño de 2020

A disfrutar dun conto, grumetes!

 

Unha vez máis Sabela Gago regálanos un conto .
 Esta vez é de Gloria Sánchez , unha das grandes escritoras 
de literatura infantil e titúlase 10 Piratas, unha aventura divertida cun tono humorístico e cheo de ritmo.
Mirade, mirade ..., 




martes, 12 de maio de 2020

Agasallos en galego

A nosa amiga Sabela Gago quixo facernos un agasallo para celebrar as Letras Galegas...
E, hai algo mellor que uns contos?
Mandounos dous contos do libro "Dez eran dez" de Xoan Babarro:

  • "Dez parraguesas"



  • "Dez xoaniñas" cunha  pequena sorpresa ao final

martes, 28 de abril de 2020

19 COVID-contos

Ao longo de todo este tempo, moitas foron as persoas, profesionais, ONGs ... que publicaron contos nas redes sociais para que nenas e nenos  foran coñecendo o coronavirus e se foran soprepoñendo aos seus efectos. Estes son algúns deles:
  • "O Coronavirus non é un príncipe nin unha princesa" de Maria Coco

Leer más publicaciones en Calaméo
  • Los niños y el Coronavirus

  • "El escudo protector contra el rey Virus" de G. del Campo
  • "El cocodrilo encerrado" Sabina Serrano

  • "Misión Coronavirus" de Mr Wonderful
  • Pedro y la cuarentena 

  • "Quiero Salir!" de Cova Díaz e Nico Ordozgoiti

Leer más publicaciones en Calaméo
  • Los días en que todo se detuvo: Videocuento
  • "Rosa contra el virus" - Colegio Oficial de Psicología de Madrid
  • "El cuento del Coronavirus " de Víctor Espiga - Videocuento

  • "Mi casa es un castillo" de Itziar Fdz. Cortés
  • "Todo va a salir bien" de Mónica Yugueros y Aida G. fresno
"Mi héroe eres tu " 

Leer más publicaciones en Calaméo
  • "El Coronavirus y la fiebre del papel higiénico" de Sonsoles Álvarez Moya

  • "Guerreros de la salud contra el Coronavirus" del grupo Betweien
  • "Que pasa en el mundo?"

  • Pronto saldré de casa" de José Fragoso
  • "Alicia y el coronavirus" de Salvador Macip



domingo, 26 de abril de 2020

Canto contan estes pequenxs!

Os nenos e nenas de 4 anos están tan afeitos a escoitar contos, que se están convertendo nuns grandes contadores.
Mirade, mirade ...
  • Duarte conta o conto de Tatá
  • Kenia elixiu o conto "Cariñas Divertidas"
  • Lucas canta "O Polo Pepe"
  • Martina conta " Unha montaña de amigos"
  • O conto de Sira: "Yago vai a escola"
  • Xiana elixiu "Caracol e Formiga"
  • Valentina conta "Os Bolechas van ao parque acuático"
         
  • Os contos de Xiana e Roi
          

luns, 20 de abril de 2020

Mes dos libros: Licuadora de palabras

Efrén, dende a biblioteca,  fixo esta proposta ao alumnado:

Abre o libro que esteas lendo polas seguintes páxinas e busca o que che pido:
Pax. 13 --- copia a palabra nº 13
Pax.42- -- copia unha palabra que empece por A
Pax. 35 --- copia unha palabra que indique un lugar
Pax. 21 --- copia unha palabra que non entendas
Pax. 7 --- copia a palabra numero 37
Pax 58--- copia unha palabra que empece por C
Pax. 71--- copia  un adxectivo
Pax 64 --- copia un  nome

Agora escribe unha historia na que aparezan todas esas palabras e ponlle un título. . Tes que incluílas todas. Non importa a orde, e podes repetilas e revolvelas como queiras. Escribe tamén o título do libro de onde sacaches as palabras.

A ver que sae!

Noa B. , de EI 5,   escribiu este conto con palabras do libro "12 Cuentos mágicos" de Pilar Campos, Ed. Susaeta

Leer más publicaciones en Calaméo
Mateo, de 2EP escribiu esta historia con palabras do libro "Que  aventura, Super Claus" de Roberta Bianchi, Ed. Laberinto

Xoana de 5EP escribiu esta historia a partir do libro  "Kika Superbruja" de Knister, Ed. Bruño

Leer más publicaciones en Calaméo


Alex, de 5EP, escribiu este conto con palabras do libro "El color de la magia" de Terry Pratchett

venres, 27 de marzo de 2020

Contos na tele

Os pequerrechos/as do cole e as súas familias tamén colaboran dende a casa e imos recibindo as súas contribucións en forma de contos .
Primeiro tiveron que construír unha tele con material de refugallo. Despois inventaron un conto e debuxaron as viñetas (algúns cun pouco de axuda, pero aí é onde se ve a cooperación). E, por último, houbo que contar o conto diante da cámara.
Só podemos dicir unha cousa: XENIAIS!!









martes, 24 de marzo de 2020

Contos en pixama

Os contos sempre son benvidos, pero nestes días de encerro, no que cada un de nós ten que permanecer en cadansúa casa, sen saír, sen ver ós amigos,  aínda se agradecen máis.
Dende a Biblioteca pedimos a participación de todXs para amenizar as mañáns (ou as tardes) das nenas e nenos pequenos e non tan pequenos... enviando algún videoconto.
Xa fomos recibindo varias colaboracións, e seguimos agardando ...















luns, 13 de xaneiro de 2020

Noa no espello

Pasamos unha mañá moi divertida na biblioteca con Sabela Gago e as súas historias. 
Con ela viñeron Noa, Antón, Uxía, a avoa e a profe ...  que nos axudaron a descubrir que cada persoa é especial e que temos que facer fronte  as críticas dos demáis e superalas  do mellor xeito posible.

Noa era unha nena a que lle gustaba xogar á pelota, ás espadas, ler cómics de superheroes  e asubiar. E non entendía por que ó seu mellor amigo e á súa curmá os seus gustos  lles parecían "de nenos". 

Unha sesión moi dinámica e entretida, con xogos de linguaxe, mímica, música que nos fixo gozar dunha historia sobre a  igualdade de xénero, a través da mirada da nena protagonista ...

Coma sempre, XENIAL! e moi recomendable. 

mércores, 27 de novembro de 2019

Cambiamos os contos

Os contos tradicionais adoitan ser un "pouco" machistas. 
As protagonistas,  ou ben son mulleres cheas de odio como as madrastras que so queren aproveitarse dos demais, ou seres feos e crueles  como as bruxas. As rapazas  adoitan ser fermosas e delicadas, sen autonomía... moi dependentes. Normalmente dedícanse aos coidados do fogar e esperan ser rescatadas por un príncipe.
Sen embargo, os protagonistas adoitan ser valentes, fortes, independentes e seguros de si mesmos e saen da casa para combater a maldade e vivir innumerables aventuras.
Pois ben, a través destas historias as nenas e os nenos vanse educando para cumplir un papel durante  a súa vida e os roles de xénero son asimilados e vistos con normalidade, converténdose en modelos a seguir.

Contar  contos clásicos  é xenial. E se tratamos que as nenas e nenos desenvolvan un carácter crítico  mentres os lemos, ensinarémoslles a construir unha personalidade forte  que vaia eliminando as discriminacións que se aprenden a través de moitas das historias infantís.

Por iso, unha das actividades que ideamos para este 25 de novembro foi cambiarlles o final a varios contos tradicionais.  Ademais, xs maiores,  escribiron  microrrelatos que rexeitan a violencia contra as mulleres e que poñen en valor as cualidades que teñen .

Trécola Teatro: contos e máis ...

As nenas e nenos gozaron dabondo cos contos   que nos trouxeron as compoñentes do grupo de teatro TRÉCOLA. Con elas conmemoramos o 25 de novembro.
GRAZAS á AFA do centro por traernos este espectáculo onde os contos "Artur e Clementina" e "Tres con Tango" nos levaron a reflexionar sobre os roles das mulleres na sociedade, os estereotipos sexistas e a diversidade familiar, ensinando a xs cativxs que o amor pódese presentar de formas moi diferentes sen deixar de ser fermoso.
Tamén nos falaron de mulleres que, como fixo Clementina, decidiron tomar as rendas da súa vida e ser autosuficientes, independentes e ter o poder para decidir que camiño seguir ou que decisións tomar. 
  

domingo, 27 de outubro de 2019

Cóntasme un conto?

Na Semana da Biblio houbo  nenas que agasallaron aos compañeirxs máis pequenxs contándolles un conto.
Elixiron o conto 
 Os ensaios na biblioteca foron encamiñados a  conseguir unha boa fluidez lectora e unha entoación axeitada. 

venres, 1 de febreiro de 2019

A paz está nos contos


A PAZ tamén está nos contos.
Hai contos que falan da solidariedade, de compartir, de perdoar ...
 E iso foi o que nos mostrou o mestre e contacontos Fran Guede, invitado pola AFA do cole.
Contou historias, cantou cancións, fixo que os nenos e nenas participaran ...

 Todo un éxito, vaia!

xoves, 12 de abril de 2018

Contacontos: Sabela Gago

A AMPA do cole convidounos a unha sesión de contacontos a cargo da actriz Sabela Gago, cofundadora do grupo de teatro ourensán Sarabela.
Fixo que a nosa imaxinación descubrira a maxia que se agocha nos contos e todxs colaboramos cos nosos xestos, sons e interpretacións... e coas nosas risas...
"O ovo máis bonito do mundo" de Helme Heine foi o conto para os maiores .Narra a historia de tres galiñas moi fachendosas - Petipuá, Poliplasta e Pulchinela - que sempre estaban pelexando porque cada unha diciía que ela era a máis fermosa do galiñeiro. Foron a prguntarlle ao rei, pero non era doado elixir... As plumas de Poliplasta eran moi fermosas, as longas patas  de Petipuá encantábanlle e a crista de Pulchinela ... era de película!... Ao final decidiu  que a elixida sería a galiña que puxese o ovo máis fermoso ...  Cal das tres resultou gañadora?


Xs mais pequenxs disfrutaron cos contos de Martiño, un neno que estaba moi aburrido e tamén con "A selva" de Jean-François Martin no que o protagonista era un camaleón multicolor que quería atrapar a unha mosca moi chinchosa...


MOITAS GRAZAS A AMPA por traernos a Sabela e os seus contos. 
A nosa imaxinación agradécellelo de corazón.

sábado, 24 de marzo de 2018

O pescador de contos


Recibir na biblioteca a visita  do grande ANXO MOURE é sempre un pracer.

Chegou arrastrando o seu batuxo, convidounos a subir á súa barca e ensinounos a pescar contos de xacias e homes-peixe, de troitas e lampreas; contos que fuxen da contaminación dos ríos .

 E que fixemos con eles?

 Pois... cociñalos para que alimenten a nosa imaxinación e para que poidan volver nadar nos ríos e nas lagoas e bañarse nas fervenzas.

luns, 20 de novembro de 2017

Dereito dos nenos (a escoitar contos)

A todos os nenos e nenas lles encanta escoitar, ler e inventar contos. 
Se nos detivéramos a pensar en todos os beneficios que isto lles reporta aos rapaces (e a nós mesmos), de seguro que nos animábamos a contarlles historias máis a miúdo.
A Declaración Universal dos Dereitos dos nenos a escoitar contos é un manifesto que nos recorda todas esas ventaxas. 
Este manifesto apareceu publicado por primeira vez en Venezuela alá polos anos 70 do século pasado e exixten múltiples variantes .
Esta é a adaptación que fixemos na nosa Biblioteca:



DiaDereitosDosNenos2017 by Slidely Slideshow

mércores, 27 de maio de 2015

Conto musical

Tod@s coñecemos os beneficos da lectura e ninguén dubida deles.
LER, ademais de ser un perfecto exercicio para o cerebro, permite que nos esquezamos dos problemas, potencia a concentración, fomenta a imaxinación e libera os soños... 
Unha longa lista de aspectos positivos que a lectura comparte coa música. 

Existen numerosos estudios que determinan que a música ten unha influencia moi positiva no desenvolvemento intelectual, cognitivo, creativo e psicolóxico dos cativos.
 Algúns científicos probaron que estimula o hemisferio esquerdo do noso cerebro, que é o que se encarga das actividades básicas da aprendizaxe da lingua, a escritura, os números e o uso da lóxica.

Entón, por que non xuntar os contos e a música?

Os contos chaman a atención e fan disfrutar tanto aos nen@s como aos maiores e, se están acompañados de música, máis aínda.

Por iso os contos  musicais son un recurso moi valioso: porque se basean na asociación palabra-son,   favorecen a atención e  a concentración e propician nos que escoitan un ambiente máxico  que incentiva a fantasía e a imaxinación. 

A música invita a ler e a lectura permítenos disfrutar, valorar e emocionarnos coa música.

 Toda esta introdución é para presentar a tres profesores do Conservatorio de Música  que viñeron a ensinarnos como soan os seus instrumentos : o trombón, o bombardino e a tuba. 
E fixérono cun conto musical titulado "Un paseo musical coa familia grave do vento-metal". 

Nós ilustrámolo e puxémoslle voz. A ver si vos gusta:



mércores, 6 de maio de 2015

Contacontos con música


Encántanos recibir visitas...
E mais si se trata dun contacontos...
E moito máis se o conto vai acompañado de música...
Héctor Lorenzo e a súa guitarra estiveron no cole para ledicia de tod@s @s nen@s .
Trouxo algúns poemas escritos por Raul Pato e musicados por él mesmo. Así fomos quen de comprobar o  ben que soa a poesía  cando vai acompañada da música.
Axiña aprendemos algún destes versos, e o mellor é que ... aínda seguemos cantando o "ris ras, ris ras"...



Hector Lorenzo by Slidely Slideshow

E así cantamos:



sábado, 8 de novembro de 2014

Contos para antes de espertar

"Contos para antes de espertar"  é o título do libro que trouxeron Gema, Iria e Adán, os papás de Gabriel.
Regaláronnos dous contos que nos emocionaron e nos fixeron reflexionar .
"DRATUELO" é un trono que non sinte vergoña por ser como é, diferente aos demais. Aínda que os demáis queiran cambialo, el loitará por ser diferente e lograr a felicidade. Ensinounos  que outra realidade é posible e está baseada na igualdade e o respecto ás diferenzas.
"AS CORES" coas súas diferentes formas de ser, achegáronnos á coeducación , rompendo os mitos do masculino e o feminino, tratando de acabar con ideas e valores que tradicionalmente están asociados ao xénero ainda que non teñen nada que ver con él.
Estas son as fotos que mostran o ben que o pasamos con estes CONTACONTOS con maiúsculas.


mércores, 28 de maio de 2014

Gústannos os contos

A tod@s nos gusta que nos conten contos.
 Xa o temos probado en moitas ocasións.
Todos os anos invitamos a algunha (ou algún) contacontos profesional a que se achegue ao cole e nos deleite co seu bo facer.
A semana pasada estivo connosco Nate, do grupo de teatro Sarabela , compartindo con tod@s  a maxia dos contos .