Amosando publicacións coa etiqueta WebQuest. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta WebQuest. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de xaneiro de 2015

Abaixo cos muros!!

Comezamos a conmemorar a PAZ en novembro, recordando que se cumprían 25 anos da caída do muro de Berlín.
A profe Sali elaborou a webquest que podedes ver embaixo:

Para ver a webquest, pica na imaxe
No blogue "O souto dos Laretas" están recollidos todos os traballos realizados pol@s alumn@s de 5º e 6º polo de agora:

martes, 11 de novembro de 2014

Abaixo cos muros



Ao longo destes días, nas noticias e nos xornais,  oistes (e oiredes) falar do Muro de Berlín... E de que se cumpren 25 anos da súa caída, a noite do 9 de novembro de 1989. 
Ese día, o mundo deu un paso cara a liberdade.

 Pero... que representaba realmente o Muro de Berlín?
 Por que foi construído?
Caeu el só... ou foi derrubado ?
E... por que foi derrubado?
Por que se converteu nun símbolo de paz e tolerancia en todo o mundo?

Sodes quen de responder estas preguntas?

Para coñecer esta parte da Historia de Europa, ideamos aseguinte  WEBQUEST : "Abaixo cos muros"

xoves, 21 de marzo de 2013

Palabra de árbore

As árbores están ao noso arredor e teñen, como calquera outra especie animal ou vexetal, unha función definida no ecosistema. Por iso é importante coñecelas e respectalas, para asegurar a  súa conservación para xeracións futuras e para a propia saúde do planeta.
Acompáñannos desde o principio dos tempos e, entre outras cousas,  proporciónannos sombra, humedecen o ambiente, osixenan e purifican o aire, diminúen a contaminación, protexen contra a erosión e engaden beleza a paisaxe.
 Son unha obra de arte natural e  un agasallo para os sentidos. 
O mesmo que a poesía.
Debe ser por iso que o 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, coinciden as dúas conmemoracións :o DÍA DA ÁRBORE  e o DÍA DA POESÍA.
Este ano preparamos esta MiniQuest que vos irá guiando para que , 
empregando a información que achedes nos libros da biblio e na rede, aprendades cousas novas e recordedes outras moitas que xa sabiades sobre as árbores . 
No obradoiro literario propoñémosvos que poñades a proba a vosa creatividade e escribades un poema, un canto ás árbores e ao bosque.

MiniQuest: PALABRA DE ÁRBORE

Aquí atoparedes contos, xogos, información, adiviñas.... e unha GUIA DE LECTURA para estes días 
<

Poemas sobre árbores escritos por autores galegos - Un precioso traballo do CEIP Victor Sáenz