Como é tradicional por estas datas, xuntámonos todos no patio para festexar o magosto.
Mentres Bea e a profe Lali atendían as castañas para que non se queimaran, os nenos (e nenas) xogamos un anaco á corda, ao pano, os zancos, o Papacastañas e fixemos carreiras de sacos. porque a festa non sería tal sen contar cos xogos populares,
Pasámolo de medo!
Pero o que máis nos gusta, dende logo, é correr tralos compañeiros para tiznarlles a cara cos restos da fogueira .
Magosto 2016 - CEIP Saco e Arce by Slidely Slideshow
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
martes, 15 de novembro de 2016
Polo magosto, castañas
Efrén converteuse en castañeiro e cociñou todas as castañas que trouxeron os nenos e nenas.
Xa viñan moxetadas para que non estouparan e...
Que pensabades? que falaba de castañas de comer?
Pois non ...
falo das plantillas de castaña que todos levamos á casa para decorar e pedir a colaboración da familia para escribir un refrán , adiviña ou cantiga referida ao magosto ou a castaña.
Colocámolas nun taboleiro para que puidésemos ler todas as achegas.
Magosto2016 by Slidely Slideshow

domingo, 6 de novembro de 2016
Samaín de medo...
Siiii,... de medo!
De medo o pasamos asustando aos amigos e aos profes!
Samain by Slidely Slideshow
E de regalo... un conto terrorífico... "CADAVERCITA ROJA"
A ver se vos gusta ... e non morredes de medo!
De medo o pasamos asustando aos amigos e aos profes!
Samain by Slidely Slideshow
E de regalo... un conto terrorífico... "CADAVERCITA ROJA"
A ver se vos gusta ... e non morredes de medo!
Polo Samaín: Quimica Siniestra
O cole, como cada último día de outubro, encheuse de corvos negros, pantasmas, vampiros, ratas e monstros para festexar o día dos espíritus.
Este ano, como introdución ao noso proxecto anual, non podían faltar os científicos maléficos que prepararon apócemas siniestras para enmeigar a profes e nen@s e transformalos en criaturas aterradoras, alterando os seus xenes e provocando mutacións nos seus corpos.....
Apocemas by Slidely Photo Gallery
No seguinte video podedes ver unha mostra dos esconxuros:

Lecturas compartidas
Os días de Lecturas Compartidas son esperados con ilusión por maiores e pequenos.
Atopar un libro que lle guste ao noso afillado ou afillada pode ser algo complexo, pero na biblioteca buscamos o libro que nos parece máis axeitado e ... comezamos a aventura!
A algúns gústalles ler e grupo e a outros por parellas, a unhas gústanlle os libros de animais e a outras de princesas... o caso é dar co libro e o lugar que máis nos guste...
LecturasCompartidas by Slidely Photo Gallery

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)