martes, 31 de outubro de 2023

Videos sobre a igualdade

 

domingo, 22 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

 




O 16 de outubro, celebramos no noso centro o Día das Escritoras, e como estamos moi orgullosos/as das nosas escritoras galegas, fixemos unha pequena exposición cos libros delas. Ademais, o alumnado de 4º de Ed. Primaria fixeron un recital de poemas de Yolanda Castaño, recente gañadora do Premio Nacional de Poesía coa súa obra 

" Materia ".

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un pequeno traballo de investigación, buscando información na Biblioteca do centro acerca de escritoras galegas, e reflexionamos sobre o feito de que se lle adicou so en 5 ocasións este día ás mulleres.

Como o tema escollido nesta edición do día das escritoras é " O pracer, a alegría e a risa das mulleres ", o alumnado fixo unha manualidade dunha boca que representa a ledicia que sentimos por desfrutar do traballo destas autoras.


domingo, 1 de outubro de 2023

 Ola familias do CEIP Saco e Arce.

Comezamos un novo curso, o correspondente á temporada 23-24.

Xa temos as pilas cargadas e desexamos aprender moitas cousas, desfrutar da nosa aprendizaxe cos compañeiros e compañeiras deste curso e afondar os nosos coñecementos sobre un montón de cousas novas que iremos vendo ao longo do curso.

De anticipo, déixovos o lema deste curso pertencente ao proxecto de centro que imos levar a cabo, este curso adicado á IGUALDADE DE XÉNERO.




Boas prácticas para fomentar a igualdade no entorno escolar

A base da educación en igualdade está n afirmación dunha actitude crítica desde a infancia. Non debemos infravalorar esta etapa, posto que desde o nacimento xa se constitúe a identidade de xénero da persoa e se establecen os pilares sobre os que se desenvolverá a personalidade do individuo e os seus valores.

A mellor forma de fomentar a igualdade é practicar co exemplo. De nada serve promover o rexeitamento á discriminación de xénero con actividades socioeducativas, se no día a día non nos esforzamos por transmitilo cos nosos valores, actitudes e formas de expresión.

Como en todos os ámbitos educativos, o reforzo positivo posúe moita máis forza e oferta mellores resultados. A atención e o afecto son o mellor estímulo para que o alumnado incorpore os valores de igualdade no deu desenvolvemento.

 

A realización de dinámicas coeducativas e de fomento da igualdade non deben ser una actividade puntual, se non formar parte da rutina diaria. Calquera actividade ou xogo pode ser o escenario perfecto para practicar a igualdade de oportunidades.

 

Lembrar así mesmo que a Igualdade de xénero é un dos obxectivos do desenvolvemento sostible  




              https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/gender-equality/


O MOLDAVA

 Como fin de proxecto sobre a AUGA, realizouse unha análise da obra clásica O MOLDAVA de Bedrich Smetana na que colaboraron os alumnos e alumnas de varios cursos. O resultado plasmouse nunhas viñetas das partes que integran dita obra e que ahora vos mostramos.