Mindfulness

 

Os nenos e nenas viven nun mundo cheo de automatismos e presas. Están sobre estimulados e reciben información de maneira constante. 

Pero moi poucas veces lles ensinamos a calmarse, a estar tranquilos , a controlar o seu corpo e as súas emocións.

Se conseguimos que aprendan a vivir dun modo máis consciente, contribuiremos a que sexan máis capaces de controlar a súa vida , a que sexan felices. 

Os resultados desta práctica obsérvanse a longo prazo. É preciso ser constantes e ter un pouquiño de paciencia.

As mestras e mestres estamos comezando un curso a redor deste tema. 

Nesta páxina iremos incluíndo información que nos pareza interesante.

💙 Ser agradecido/a

👲 Mindfulness en nenos/as  - Paola Herrera

🏫 Meditar na aula

👌  Mindfulness na escola



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...