sábado, 24 de febreiro de 2018

Día de Rosalía: un colexio, 100 fiestras

"Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez" 
                                                                    María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra
A actividade programada pola AELG tivo moita repercusión entre as familias do cole. A maioría participou preparando o seu cartel cos versos de Rosalía e pendurándoo das fiestras para darlle visibilidade.


Tamén fixeron fotos cos seus familiares, amigos e veciños:


#AbrideAsFiestras - Dia de Rosalía de Castro 2018 by Slidely Photo Gallery

No cole organizamos un pequeno acto de homenaxe no que abrimos as fiestras para mostrar os carteis feitos nas aulas e
recitamos os versos que cada nenx elixiu . Todxs levabamos a pegatina que elaborou o ENDL do centro.

venres, 23 de febreiro de 2018

Dime o teu nome ...

O nome dunha persoa é a súa seña de identidade. É o primeiro que aprendemos dxs nosxs compañeirxs e o primeiro que preguntamos cando coñecemos a unha persoa.
O nome di moito de nós e de quen nolo puxo, tamén das modas, historia e evolución da sociedade.
Cantos  nenxs da escola levan nomes en galego?
Quen decidiu chamalos así?
Cal é a orixe do nome de cada un?
Estas son algunhas das preguntas que nos fixemos no cole e que os nenxs tiveron que responder, axudados pola familia.
Así soubemos que algúns irmáns maiores participaron na elección do nome, noutros casos o nome xa o levaban os papás ou os avós e pola contra, moitos escolleron nomes que ninguén na familia tiña.
Tamén descubrimos os significados de algúns nomes : "beleza",  "intelixencia", "estrela"
Averiguamos tamén que hai xente famosa que leva o mesmo nome ca nos : Clara Campoamor, Pablo Picasso,  Victor Hugo,  Ainhoa Arteta ...

Velaquí o libro dos nosos nomes:

                             


Gracias a todos pola vosa participación e axudar a coñocernos un pouco mellor.

xoves, 22 de febreiro de 2018

Adeus a un dos grandes

Hoxe é un día triste para o mundo das bibliotecas, dos libros... da lectura en xeral. 
O pasamento do grandísimo Antonio Fraguas, FORGES, deixa un oco difícil de encher. 
Creou personaxes inesquecibles como o matrimonio formado por Concha e Mariano, Romerales, os banqueiros, os náufragos, as vellas ... As temáticas das súas viñetas fóronse adaptando aos cambios da sociedade española, á que retratou dun xeito tenro e irónico. 


Forges foi un dos debuxantes cun estilo máis persoal, tanto polo seu tipo de debuxos como polas características do seu humor, que medios como o diario "El País" ou a revista "El Jueves" axudaron a difundir.
Ademáis de regalarnos o seu humor gráfico, foi director de cine e series de TV, presentador de TV e locutor de radio.

O mundo sen Forges será un pouco máis aburrido

mércores, 21 de febreiro de 2018

Dia da lingua materna (e paterna)

GALEGO NA CASA, PORQUE É NATURAL,
GALEGO NA ESCOLA PORQUE NON FAI NINGUN MAL,
PORQUE É IMPORTANTE APRENDER A AMAR
O IDIOMA DA TERRA NA QUE NACES
OU NA QUE VIVES E  ESTÁS A DISFRUTAR.

A variedade das linguas do mundo é unha riqueza, porque as linguas transmiten maneiras diferentes de achegarse á realidade e de apreciala. Por iso hai que coidar que esa diversidade se manteña.

lingua nai, a lingua da casa é a que primeiro adquiren os nosxs  fillxs. Seguir transmitindo o galego na familia e na escola é unha forma de continuar unha cadea construída desde os afectos.

 O galego tece lazos entre nós e achéganos a outras comunidades lingüísticas irmás.


 Celebra a túa lingua o ano enteiro

venres, 16 de febreiro de 2018

Chega o día de Rosalía: Abride as ventás


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar
un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación  , como podedes comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes  

Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convídanos a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con accións colectivas de difusión da súa obra .

O lema da proposta deste ano é                      #AbrideAFiestra . 

Quen é a Rosalía de Castro da que vos sentides máis próximos? Facédevos cómplices dela  
Como?
Despois de facer un repaso pola figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas  da súa obra, propoñémosvos  que cada un elabore, nun soporte que poida ser pendurado nunha fiestra ou pegado na parte interior dos vidros das fiestras (tea, cartolina ou similar), un cartel no que escribiredes algúns versos da autora da vosa escolla para lles dar luz desde as fiestras e  facelos visíbeis .

Esta iniciativa pretende ademais que o alumnado comparta esta celebración coa súa familia e veciñanza. Para isto queremos fotos de cada un de vós, acompañados das vosas persoas maiores, portando entre ambos o cartel que fixestes, e mostrándoo nesas fiestras que, coa axuda de Rosalía, queremos abrir a un mundo e un tempo novo. 

(podedes achegarnos as fotos antes do venres 23 de febreiro nun pendrive ou envialas ao correo da biblioteca ceip.saco.arce@gmail.com) 

Vida e obra de Rosalía - CEIP  Eduardo Pondal de Vigo



A nosa escolma de poemas


martes, 13 de febreiro de 2018

Festival de Pequefilmes

Os Efrenions preparados para a entrega
Reunidos os membros da Academia de Pequefilmes do CEIP Saco e Arce, tras moitas deliberacións, e despois de valorar a grande calidade das películas presentadas ao I Festival de Cine de Toén
DECIDEN por unanimidade
outorgar os seguintes galardóns:

1. Efrenion á mellor coreografía a EI polo filme "Shssss, estamos bailando"



2. Efrenion ao mellor vestiario e ambientación a 1º e 2º de EP polo filme "Somos Minions"



3. Efrenion ao mellor guión orixinal e efectos visuais a 3º EP polo filme "Rogue 3. Unha historia de Star Wars"



 4.Efrenion á mellor canción  orixinal a 4º EP polo filme "Charlie na fábrica de chocolate"




5. Efrenion ao mellor guión adaptado a 5º EP polo filme "Aguia Vermella"



6. Efrenion ao mellor musical a 6º EP polo filme "Piratas do Caribe"


7. Efrenion  ao mellor filme estranxeiro ao Centro de Día de Toén polo filme "Os Picapedra"


A festa de clausura da gala de entrega de Efrenions  aínda está sendo comentada polo mundo enteiro ...




Se estivestes neste grande evento, podedes atoparvos na galería de retratos

(Se vos interesa algunha das fotos, podedes descargala no enlace anterior)

luns, 12 de febreiro de 2018

O día da estrea

Para os actores, actrices, directores e todo o equipo que participa na realización dun filme, o día da estrea é fundamental.
Saben que da afluencia de público e dos sentimentos que provoque a súa obra depende en gran parte o éxito da película.
Despois chegará a presentación do filme aos festivais de cinema máis prestixiosos e as nominacións aos merecidos galardóns.
Na nosa "premier" o público non puido ser máis numeroso e os aplausos a cada un dos filmes estreados non puideron ser máis entusiastas...
Este foi o ambiente que se viviu ...
GRAZAS a todxs .

sábado, 10 de febreiro de 2018

Saímos a escea

Chegou o momento de mostrarnos ao público.
 Comeza o desfile...


DesfileDe Comparsas by Slidely Slideshow

Acendendo focos

Filmar unha película é algo  moi complexo e detrás das cámaras hai un equipo moi numeroso de persoas que realizan diferentes traballos: perruquería, maquillaxe, vestiario...
Hai que preparar o photocall, darlle brillo ás estrelas da fama e estirar a alfombra vermella ... para que os invitados atopen todo ao seu gusto.
Os ensaios adoitan ser moi laboriosos, pero todo este traballo ten unha recompensa: o día da estrea do filme.


AcendendoFocos by Slidely Slideshow

xoves, 8 de febreiro de 2018

Para un "Efrenion" recibir, moi elegante tés que vir...

Ser o ( ou a)  máis elegante da entrega de premios do cinema non é unha tarefa fácil. 
Os famosos preparan os seus "looks" con meses de antelación  para brillar sobre a alfombra vermella e lucir os seus espectaculares modelos e peiteados diante do photocall.
 Ollade, ollade...


EntroidoDeCine by Slidely Slideshow

venres, 2 de febreiro de 2018

Obradoiro de disfraces

As semanas anteriores ao Entroido andamos moi atarefados.
 Temos que deseñar os nosos disfraces e confeccionalos.
Neste traballo axudan os profes e colaboran as familias, pero os rapaces teñen un papel moi importante. Poderiamos dicir que son "actores e actrices protagonistas" da película que estamos a montar para o día grande do Entroido, que culmina co desfile e a  representación das "comedias".
De seguido podedes botar unha ollada ao traballo.
 Dádelle ao play...
                           Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow made with Smilebox

O día da Candeloria, cando casan os paxaros

Hoxe, 2 de febreiro, véspera do San Brais, é o día da Candeloria, unha data sinalada tradicional e culturalmente en Galicia, xa que simboliza a festa da luz e tamén o día do amor.
Orixinariamente, era unha celebración pagá, relacionada coa fertilidade e cos ciclos estacionais, que sinalaba a proximidade da chegada da primavera e o renacer da natureza despois do inverno. 
Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. 
Tradicionalmente dise que son as datas en que casan os paxariños.
Por iso  hai  un refrán que  di que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
Co tempo, este día foi adquirindo un carácter cristián e neste día celébrase nas igrexas a bendición de candeas, ás que se lles atribúen características para axudar nas treboadas e guiar o camiño das almas.

Para celebrar o que se considera o DÍA DO AMOR EN GALICIA,  continuando co noso  proxecto anual, e xa que o cine adoita centrar boa parte dos seus argumentos en torno ao amor, pedimos a rapaces e rapazas que buscaran frases de amor que teñen arrincado suspiros dentro e fóra das pantallas.
Non vos perdades a nosa selección de frases de amor de película: 

         
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...