PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
luns, 24 de abril de 2023
venres, 30 de decembro de 2022
Video Nadal
Momentos máxicos. Ilusión e compañeirismo. Remata un longo periodo de curso e o alumnado xe pensa en neve, agasallos, turrón, descansar na casiña coa familia e algúns, vlotar de novo ao cole para ver aos amigos e amigas.
Mentres, ambiente de Nadal, decorando a árbore con motivos relacionados coa auga ( menudas xenialidades as que aportaron dende a casa ), facer postais de felicitación aos maiores do Centro de Día, decoración de pasillos e clases...
Pola nosa parte, agradecer a todas as familias a súa colaboración coas actividades da escola e desexarvos que pasedes unhas boas festas. Que o 2023 traia o mellor para todos/as vós. Unha aperta grande !!!!
mércores, 28 de decembro de 2022
Semana Científica
Estes días acudimos á biblioteca a facer experimentos relacionados coa auga. Foron moi interesantes e tanto o alumnado de infantil como o de primaria observamos como se podía aprender cun chisquiño de " maxia química ".
Ata Efrén se animou a facer experimentos, aínda que algún lle daba un pouco de mal fario... cousas de esquíos...
sábado, 15 de outubro de 2022
APADRIÑAMENTO LECTOR 1ª PARTE
Todo o cole participa desta actividade e xa contan os días que faltan para elexir un lugar axeitado do colexio para ler o conto.
xoves, 16 de abril de 2020
Mes dos libros: Xogos de nenxs
Encrucillados
- Adiviñas quen son? Personaxes de contos
- Canto sabes sobre libros? -
- Canto sabes?
- Personaxes de contos -
- Editoriais
- O neno can : Se non liches o libro... terás que buscar axuda
Quebracabezas
- Moi sinxelo (6 pezas
- Nivel medio (12 pezas)
- Nivel complexo (20 pezas)
venres, 3 de abril de 2020
A rapazada colabora
- Oliver, de EI 3 , realizou un experimento
- Sira, de EI4 ensinounos como practica os números dun xeito moi divertido
- Darian de 2 EP le un libro
- Xoana de 5 EP converteuse en locutora de radio e enviounos un programa desde a súa casa:
- Inés de 6EP cantounos a canción "Vivir", de Rozalén que traducimos ao galego o outro día
- Aixa de 6EP mandounos un video no que nos ensina a tecer cos dedos unhas diademas moi xeitosas
- Xoana, enviou outra aportación: Unhas recomendacións de lectura que, nestes días de encerro, ben se agradecen...
mércores, 1 de abril de 2020
Mes dos libros
A pesares de non estar no cole, e sobre todo este ano, non podemos deixar de celebrar este mes .
Os libros son coma ventás abertas: fan que poidamos viaxar sen movernos da sala ou da cama, permítennos vivir outras vidas e desfrutar de aventuras emocionantes...
Por iso, cando todas as tardes saímos ás ventás a aplaudir, uns poucos deses aplausos témolos que dedicar aos libros.
Ben o merecen!
Embaixo tedes as actividades que preparou a Biblio para que alumnado e familias colaboren nesta celebración.
luns, 16 de marzo de 2020
Biblio na casa, #biblioAberta
Esperamos a participación de todos e todas.
sábado, 21 de decembro de 2019
Espazo Argalleiro: Xincana TIC
En que consistiu?
Pois o alumnado, formando equipos de 9 participantes de todas as idades, tiveron que pasar por todas as "estacións" e realizar as probas que se lles propuñan, eso sí, dun xeito colaborativo.
En cada "estación" tiñan que obter unha valoración positiva para, ao final, lograr unha recompensa.
O alumnado realizou actividades que non so se basean no uso de dispositivos electrónicos, senón que implican o desenvolvemento de habilidades motoras e cognitivas, o pensamento lóxico e o traballo en equipo.
Foi unha mañá moi productiva e divertida para todo o alumnado.


