Amosando publicacións coa etiqueta maios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta maios. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de maio de 2021

Os maios


 Por segundo ano, as familias colaboraron na creación dos maios.   Facelos no cole coma todos os anos  pareceunos inviable, pois a mestura de nenos e nenas de varios grupos aínda non está permitido.        Algúns nenos e nenas trouxéronos ao cole, onde quedaron expostos para que todo o mundo os vise. 

Escribíronse as coplas e o alumnado de sexto cantounas con moito ritmo.

domingo, 3 de maio de 2020

Maios na casa


Non podiamos deixar que a festa que anuncia a primavera quedase sen celebrar.
Por iso pedimos ás familias que enchesen as súas casas dun anaquiño de monte e argallasen o seu propio maio.
E quedaron así de fermosos:


Algúns ata escribiron e cantaron as coplas...






Coplas de 4º EP


Coplas de 5º EP

Coplas de Inés - 6º EP

Iness by Ceip Saco e Arce on Scribd

domingo, 5 de maio de 2019

Maios

O cole ole a rosas, caraveis, xestas, fiuncho e outros aromas vexetais. Tamén a pousos de café. 
As nenas e nenos de E. Infantil prepararon os materiais para elaborar as súas alfombras florais.
Primeiro houbo que desfollar as flores e separalas por cores: branco, amarelo, vermello, rosa, verde...
Tiveron tamén que pintar o serrín que trouxo Sara .
Con todo preparado, saíron ao patio a combinar todos os elementos e crear uns tapices ben coloridos, unhas obras de arte efímero que facían referencia a dúas películas  infantís: "Buscando a Nemo" e "Río". 
Xa sabiamos que as obras tiñan as horas contadas, pero... experimentar con  materiais naturais é toda unha aventura ...

Maios2019_ Alfombras by Slidely Photo Gallery

venres, 4 de maio de 2018

O Maio

Xa chegou o mes de maio e con el unha das tradicións máis ourensás. 
Os maios volveron "florecer" na escola anunciando a chegada da primavera.
Este ano, e por iso de que o musgo é unha planta protexida, decidimos facelos con material de refugallo: papel, cartón, cartolina... engadindo tamén elementos naturais: as flores e os bugallos que achegaron xs nenxs .
Tamén  elaboramos alfombras florais (o recendo a flores aínda  se nota no colexio) que, todo hai que dicilo,  quedaron bastante aparentes.
Os traballos comezaron a semana pasada coa confección da estrutura , o pintado do papel e a elaboración dos deseños para as alfombras e a composición das coplas.

Todxs traballamos arreo, pero o traballo mereceu a pena

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free picture slideshow by Smilebox

xoves, 4 de maio de 2017

Maios 2017

No cole, como en Ourense, celebramos a festa da primavera: a Festa dos maios,  onde os principais protagonistas son as flores e, por suposto, as nenas e nenos.
Facemos un maio figurativo, con forma piramidal.
Como en España está prohibido coller musgo, levamos uns anos que decoramos o noso maio só con fiollo, xestas, uces e flores. Tamén empregamos carrabouxos ou bugallos e, ás veces,  cáscaras de ovos.
Gracias a todas as familias que colaboraron buscando todo o necesario para confeccionalo.
E gracias ao profe Pepe que veu a axudarnos.


 
MAIOS2017 by Slidely Slideshow

luns, 9 de maio de 2016

Maio no cole

Este ano, en vez de facer un maio, decidimos facer unha alfombra floral.
Para ser sinceros, a idea non foi nosa: os avós e avoas do Centro de Día convidáronnos a axudarlles e nós aceptamos.
O que non contabamos era coa chuvia...
Ir de paseo ata Toén é agradable (xa o temos feito varias veces) pero... chovendo!!!
Tivemos que "abortar" a "Operación Andaina-ata-Toén" e facer a alfombra no cole.

Todos e todas colaboramos e iso fixo o traballo máis divertido:
- Buscamos información sobre o proceso de elaboración deste tipo de alfombras en diferentes puntos de Galiza
.- Eliximos o motivo da nosa alfombra e debuxámolo nun papel
- Trouxemos unha morea de flores de diferentes clases e  separámolas segundo a súa cor.
- Por cursos, fomos recubrindo os espazos cos pétalos, seguindo as liñas marcadas no papel.

Recuperar as tradicións  é unha labor importante... !!

Podedes ver o proceso de elaboración e o resultado na fotogalería que segue:



Maio de flores by Slidely Photo Gallery

mércores, 6 de maio de 2015

O maio

Todos os pobos ao longo da historia sentiron unha grande admiración polo renacer cíclico do mundo vexetal, asi como polo fin do inverno e a chegada do bo tempo, cando a maioría das plantas dan froito.
Por esta razón, todos os pobos celebraban festas e ritos encamiñados a celebrar a fin da estación fría, a festexar a aparición dos primeiros froitos e a conseguir unha abundante colleita .
Como sabedes, isto é o que se quere representar coa construcción do MAIO
E nós non queremos que se esqueza esta antiga tradición.
Por iso, saímos ao monte co "profe Miguel" e collemos xestas, uces e carrabouxos (musgo non, porque non se pode arrincar). 
Con todo ese material fixemos o noso maio piramidal, compuxemos as coplas cun chisco de retranca (pero tamén con moito agarimo) como manda a tradición, e levámolo en andas por todas as clases para que @s compañeir@s viran a nosa obra.



O maio by Slidely Slideshow

Escoitade as nosas coplas:

venres, 11 de maio de 2012

Os Maios no cole

Todos os anos, no cole celebramos o Día dos Maios, unha das  festas de maior  tradición en toda a nosa provincia.
Esta festa anuncia, ou mais ben reclama, a chegada da primavera.
Nas aulas creamos coplas nas que comentamos cousas que pasaron no cole ou nos nosos pobos. Outras refírense aos profes ou aos compañeiros e compañeiras.
Fixemos un maio enxebre, de forma piramidal. O armazón fixémolo con listóns de madeira. Recubrímolo con musgo, xestas, fiúncho, uces e carqueixas.
Adornámolo con flores, cascas de ovo, carrabouxos...Este ano, como choveu tanto, case que non poidemos atopar flores... pero a ilusión que puxemos ao adornalo foi a mesma que calquera outro ano...
Aqui podedes vernos cantando as coplas:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow made with Smilebox


E estas son as coplas que escribiron as nenas e nenos de 5º e 6º de EP