Xa chegou o mes de maio e con el unha das tradicións máis ourensás. 
Os maios volveron "florecer" na escola anunciando a chegada da primavera.
Este ano, e por iso de que o musgo é unha planta protexida, decidimos facelos con material de refugallo: papel, cartón, cartolina... engadindo tamén elementos naturais: as flores e os bugallos que achegaron xs nenxs .Os traballos comezaron a semana pasada coa confección da estrutura , o pintado do papel e a elaboración dos deseños para as alfombras e a composición das coplas.
Todxs traballamos arreo, pero o traballo mereceu a pena
|  | 
|  | 
| A free picture slideshow by Smilebox | 
 

 
Ningún comentario:
Publicar un comentario