PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
venres, 1 de marzo de 2024
martes, 21 de febreiro de 2023
Día da Paz
Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos o día mundial da Paz.
Este curso, ten unha relevancia especial. Cando xa pensabamos que as guerras eran cousa do pasado, alá polo Século XX, aparece nos nosos días unha guerra tan absurda e innecesaria que berremos ben alto que
NON QUEREMOS METRALLETAS !!
QUEREMOS PANDEIRETAS !!
Plantemos en Toén cada un de nós unha árbore pola PAZ.
Regala e coidala é tarefa de todos e cada un de nós.
Para esa aventura, acompañounos hoxe Anxo Moure, escritor, contacontos, ecopacifista e amigo do noso colexio desde fai moitos anos. A última vez fumos invitados á súa casa de Mariz ( Chantada ), na aldea de Garabelos. Agora visitou o noso cole acompañado do seu patinete.
Pola mañá, todo o cole foi colocando un barquiño de papel cunha mensaxe de Paz ao longo do enreixado do colexio. Contra vento e marea, eses barquiños deben navegar polas ondas para chegar ao seu destino.
sábado, 5 de febreiro de 2022
Buscamos a nosa PAZ INTERIOR
O Día da Paz deste ano dedicámolo á nosa Paz interior, algo indispensable para sermos felices.
Atopar a paz interior é fundamental para obter o equilibrio que é o que queremos conseguir ou, alomenos, aprender a buscar, co proxecto anual que estamos levando a cabo.
Xa aprendemos que hai que saber identificar e xestionar as emocións aínda que ás veces haxa demasiadas nubes que as tapan. Tamén aprendemos que hai que saber poñerse no lugar do outro e saber perdoar.
Por iso todo o alumnado escribiu en cintas de cores frases de agradecemento. Logo pendurámolas das árbores e, ante a imposibilidade de dar apertas uns aos outros deixamos constancia dos nosos desexos abrazando as árbores con lás de cores que queren representar as emocións que sentimos.
✌Tomamos o chololate da amizade
🎤🎹🎼E para rematar a festa cantamos "Unha receita de PAZ" que é o que desexamos cociñar todos os días
venres, 4 de febreiro de 2022
Regalamos palabras bonitas
No Día da PAZ, hai algo mellor que alegrarlle o día a alguén?
Un simple xesto pode cambiar o estado de ánimo dunha persoa. Por iso decidimos colocar nos corredores un imprimible con mensaxes e frases que deberiamos dicir a diario e que veñen ben en calquera momento. Hai frases para amigos, compañeirxs, profes ...
martes, 1 de febreiro de 2022
Tapóns solidarios
No cole levamos anos participando na reciclaxe de diferentes materiais: plástico, papel, pilas .
Últimamente colaboramos coa Fundacion SEUR recollendo tapóns para obter fondos para que nenas e nenos sen recursos e con enfermidades graves teñan acceso a tratamentos médicos e aparatos ortopédicos que precisan e que non están cubertos pola Seguridade Social. As familias gardan os tapóns, nós almacenámolos no cole nun contedor e SEUR encárgase de recollelos e transportalos . Xa levan recollido máis de 6.500 Tm de tapóns , levan doado máis de 1 millón de euros e axudado a uns 170 nenas e nenos
Toda unha cadea na que participamos co noso pequeno xesto para facer un pouco máis felices aos que nos rodean.
luns, 1 de febreiro de 2021
Día da PAZ
O dia 29, coma todos os anos, no cole celebramos a tolerancia, a solidariedade, a amizade o respecto ... todas esas palabras que non poden quedar niso, solo palabras.
Por iso rexeitamos os insultos, ameazas e enfrentamentos dentro e fóra da escola.
No patio cantamos a canción "Eu teño alguén" , e separados en grupos burbulla, para non ter problemas...
Poñer un sorriso no noso día a día para afrontar as dificultades que imos atopando no camiño e a axuda mutua é o que queremos transmitir co noso mural onde aparecemos todas e todos collidos das mans e sostendo os lemas que cada unha escribiu.
xoves, 30 de xaneiro de 2020
PAZ, tres letriñas de nada ...
a reutilizar e a reciclar...
Reutilizamos unha chea de botellas de plástico da auga do comedor. Fómolas gardando durante moito tempo!
Pintámolas e con elas fixemos un "super-mural" no que participamos todos.
A iso se lle chama cooperación!!!
Reciclamos dúas cancións que traducimos ao galego.
Unha de Unai Quirós "Cultiva a PAZ", que cantaron xs nenxs de EI :
E outra que escribiron tres profesores do Colexio Lourdes FUHEM de Madrid. Puxémonos en contacto con eles e "prestárono-la" moi amablemente.
Aquí podedes escoitar a nosa versión de "O Bonito":
Tamén pintamos unhas pulseiras da paz para recordar este día da amizade e a colaboración.
E, empregando o Kamishibai, escoitamos o conto titulado "Se eu tivera unha puga ..." que nos fala da amizade e a xenerosidade.
domingo, 3 de febreiro de 2019
Receitas con sabor a PAZ
Tratade de preparalas na casa.
Hai para todos os gustos....
venres, 1 de febreiro de 2019
A paz está nos contos
A PAZ tamén está nos contos.
Hai contos que falan da solidariedade, de compartir, de perdoar ...
E iso foi o que nos mostrou o mestre e contacontos Fran Guede, invitado pola AFA do cole.
Contou historias, cantou cancións, fixo que os nenos e nenas participaran ...
Todo un éxito, vaia!
xoves, 31 de xaneiro de 2019
A paz esta nas nosas mans
Na escola todos os días se traballan valores coma o respecto ás diferenzas , a solidariedade, a tolerancia , a empatía ...
E o día 30 de xaneiro é un día máis, pero propoñendo actividades que fagan visible o noso sentir.
Todas as nenas e nenos debuxaron as súa man e escribiron nelas mensaxes de PAZ.
Escoitamos e cantamos cancións , vimos curtas e limos contos que nos axudaron a reflexionar sobre o tema.
mércores, 31 de xaneiro de 2018
Que é a paz?
Debemos educalxs para que tomen conciencia de que todxs debemos promover os valores da non violencia, o respecto e o diálogo na resolución de conflictos.
A celebración do día da PAZ debe ensinarnos a convivir en harmonía, a respectar as opinións dos demais, a ser honestos, a querer aos compañeirxs e a ser bos os uns cos outrxs.
Inmersos como estamos no Proxecto anual sobre o cine, durante toda a semana, o alumnado reflexionou sobre estes temas a través do visionado de curtametraxes seleccionadas polo equipo de biblioteca. Cada clase tivo que representar nun cartaz as ideas e valores que transmitía a película que lles tocara en sorte . Despois, nunha xuntanza na biblioteca, fixeron unha exposición oral das súas reflexións diante dxs compañeirxs .
Todos os cartaces forman parte do noso "filme de paz" que quedou exposto nas paredes do cole.
Se queredes ver máis:
<
Dia da Paz 2018 by Slidely Photo Gallery
mércores, 1 de marzo de 2017
#Somos valentes
Entrade en calquera das páxinas que suxiren (facebook, twitter, instagram), ou no enlace e poderedes ver o que fixeron.
BEN FEITO, rapeir@s!!
mércores, 8 de febreiro de 2017
Reporteiros pola PAZ, 2017
Este ano, seguindo co noso proxecto anual, moitas das novas teñen que ver coa ciencia, cos beneficios que pode provocar na vida das persoas e o que os científicos e científicas poden facer para
mellorala.
<
xoves, 2 de febreiro de 2017
Unímonos aos VALENTES
Ser valente é dar a cara ante unha situación de inxustiza e posicionarte do lado do que está só; sacar os teus sentimentos, non a base de puños, senón dende o corazón.
"Se buscan valientes" é un rap en contra do abuso na escola, poñendo o foco nos testigos que presenzan o acoso e teñen a chave para denuncialo. Son os amigos e compañeiros os que se teñen que converter en "salvavidas"· ante un caso de bullying.
Ser diferente é un aspecto que enriquece á sociedade, sen embargo é a excusa dos acosadores para actuar.
Aínda que na nosa escola non hai este problema, decidimos sumarnos a esta iniciativa facendo nosa a canción que tan famosa se fixo estes días para cantala o día da PAZ.
Como?
Pois... traducíndoa ao galego: "Búscanse valentes"
mércores, 1 de febreiro de 2017
Sons de PAZ
Os nenos/as tocaron á frauta dúas versións do Himno á Alegría.
Despois todos/as participamos cantando.
O himno de paz do noso cole non podía faltar: "Ponlle freo á guerra"
Para rematar, os nenos e nenas de 2º recitaron un poema que eles mesmos escribiron.
martes, 31 de xaneiro de 2017
Tecendo a PAZ
Os conflictos son algo habitual nas relacións entre persoas. Xorden cando se persiguen obxectivos distintos.
Resolver conflictos sen recorrer á violencia pode non ser sempre sinxelo, pero non é imposible . É o camiño para mellorar a convivencia.
Entre todos e todas quixemos tecer unha grande rede de desexos e compromisos para reivindicar na escola a resolución non violenta dos conflictos .
Cada neno/a debuxou o seu autorretrato e escribiu o seu compromiso persoal.
TecendoPaz by Slidely Photo Gallery
mércores, 10 de febreiro de 2016
A PAZ é cousa de tod@s

domingo, 8 de febreiro de 2015
Traballamos no día da PAZ
E este é un resumo das actividades que levamos a cabo cos nenos e nenas o día 30 de Xaneiro
- Regáloche un conto
As rapazas e rapaces de 5º e 6º seleccionaron varios contos na biblio e achegáronse as diferentes aulas para lérllelos @s compañeir@s.Estes foron algúns dos elixidos:
+ "Pequeno azul e pequeno amarelo" de Leo Lionni
+ "Un monstruo muy especial" de Angela McAllister
+ "Nadarín" de Leo Lionni
+ "A guerra dos números" de Juan Darién
+ "A bruxa enrabechada" de Joles Sennell
+ "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier
+ "O país dos mandóns" de Paloma Rguez/ Cristina Justo
Eles recibiron 2 "conto-agasallos":
< " Timoteo e Pedro Non-disparo" de Maite Carranza , trala lectura do cal, tivemos un tempo de reflexión e debate sobre os motivos e o sentido das guerras.
< "Noite de reis" de Joan de Deu Prats, que despois reescribiron en galego e ilustraron.
- Reporteiros Pola PAZ
En parellas, grupos ou de maneira individual, as alumnas e alumnos de todos os niveis escribiron noticias que merecerían ser publicadas no xornal, pero que, por desgraza, poucas veces poden ser lidas, Son noticias, inventadas unhas e reescritas outras, que falan de amizade, solidariedade, tolerancia, respecto...
Queren ser a representación gráfica de todas esas (como din @s nen@s de EI) "palabras bonitas"que tratamos de inculcarlle dende pequenos.
- O muro da PAZ
Con todos eles formamos un muro cun burato que representa o noso desexo de que desaparezan todas as barreiras físicas, raciais, relixiosas, económicas ... que enchen o mundo.
- Cancións de PAZ
- Murais
martes, 20 de xaneiro de 2015
+ Paz
A través da educación, debemos contribuír a concienciación de tod@s na construción dun mundo mellor, dun mundo máis xusto e máis humano que permita que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades para desenvolver plenamente as súas facultades no seo dunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.
Estas son as actividades que poñeremos en marcha este ano para conmemorar o día 31 de xaneiro e que, como vedes, teñen moito que ver co tema da Webquest "Abaixo cos muros":
venres, 16 de xaneiro de 2015
Abaixo cos muros!!
A profe Sali elaborou a webquest que podedes ver embaixo:
![]() |
| Para ver a webquest, pica na imaxe |
- A historia do muro de Berlín : Presentacións ppt
- Liñas do tempo: empregando Dipity
- Lonxitude dos muros que quedan en pé: representación en diferentes tipos de gráficas
- Mapa interactivo dos muros que quedan en pé : empregando Tripline
- A noticia nun tuit : Achegamento entre EEUU e Cuba











