mércores, 31 de xaneiro de 2018

Que é a paz?

Tanto na familia como na escola temos a responsabilidade de preparar aos nenxs para a vida.
Debemos educalxs  para que tomen conciencia de que  todxs debemos promover os  valores  da  non violencia, o respecto e o diálogo na resolución de conflictos.
A celebración do día da PAZ debe ensinarnos a convivir en harmonía, a respectar as opinións dos demais, a ser honestos, a querer aos compañeirxs e a ser bos os uns cos outrxs.
Inmersos como estamos no Proxecto anual sobre o cine,  durante toda a semana, o alumnado reflexionou sobre estes temas a través do visionado de curtametraxes seleccionadas polo equipo de biblioteca.  Cada clase tivo  que representar nun cartaz as ideas e valores que transmitía a película que lles tocara en sorte . Despois, nunha xuntanza na biblioteca, fixeron unha exposición oral  das súas reflexións diante dxs compañeirxs .
Todos os cartaces forman parte do noso "filme de paz" que quedou exposto nas paredes do cole.


Se queredes ver máis:
<
Dia da Paz 2018 by Slidely Photo Gallery

Ningún comentario:

Publicar un comentario