luns, 22 de xaneiro de 2018

Sergei Eisenstein


Hoxe Google rinde tributo ao talento de  Sergei Eisestein, dedicándolle un dos seus doodles animados.
Pero, quen foi este home?
Polo que apreciamos na imaxe... tivo que dedicarse ao cine...
Despois de investigar un chisco, descubrimos que foi un cineasta que cambiou para sempre a maneira de editar as películas e que foi considerado o "pai da montaxe cinematográfica" debido ás súas revolucionarias ideas. Despois de investigar sobre estes temas, desenvolveu a súa propia teoría ao comprender que <a montaxe cinematográfica non debe consistir en xuntar unhas esceas con outras, senón que serve para conducir as emocións do espectador>, algo que tería unha grande influencia nos directores europeos e de Hollywood e que aínda continúa vixente .
Entre os seus filmes máis destacados está "O acorazado Potemkin", estreada en 1925.


Ningún comentario:

Publicar un comentario