venres, 13 de xuño de 2014

We are HAPPY

Que  é  a felicidade?

Para nós, a felicidade vai moito máis alá de ter, de posuír .
   Reside nas emocións:  na ilusión, na empatía, na imaxinación ...
    Na casa, pero tamén na escola,  tratamos de educar nen@s felices.
       Que cousas pensades vós que fan felices aos nenos e nenas?


 As cousas máis sinxelas son as que nos fan máis felices... 
E cando somos felices, demostrámolo... 
Como?   Mirade o video

domingo, 1 de xuño de 2014

Miguel Ángel Alonso

Miguel Alonso chegou a  Toén co sorriso nos beizos.  Será porque fai o que lle gusta? 
Él di que é "un soñador que non soña. Vive un soño!"  
E debe ser certo.
O que se percibe tralo seu sorriso é que é unha persoa feliz.
Contounos que hai dous libros que o acompañan  dende neno,  e que os leu moitas veces, porque "cada vez que volves ler un libro,  descobres algo novo". Son : "O principiño" de Saint-Exupèry e "Momo" de Michael Ende.
Comezou a escribir cando aínda non tiña barba. Estaba aínda na escola e os seus compañeiros eran o seu público.
É o autor, xunto con Luz Beloso que pon a súa arte ao servizo das historias que conta Miguel, de tres libros para nenos :
"O cullarapo croque"(2012)
"A nena a que non deixaban ser feliz" (2013)
"O soño de Esther"(2014)

 Contounos o conto do cullarapo Croque e ensinounos a facer debuxos de luz.
Amosounos tamén como se desenvolve o proceso de  edición dos seus libros .
Tivemos nas mans os "ferros" do libro "A nena a que non deixaban ser feliz", que son as probas de impresión , unha especie de ensaio,  para ver o libro montado tal e como sairá das máquinas. Tamén vimos as pranchas, unhas láminas de metal que levan toda a información  para imprimir cada unha das follas que formarán o libro, e os pregos, o conxunto de páxinas que se imprimen nunha mesma folla e que logo hai que dobrar , cortar e encadernar.

Foi unha charla moi interesante .
Só nos queda dicir: Grazas, Miguel, pola visita e por compartir connosco a maxia dos teus libros.



Miguel Alonso by Slidely Slideshow





As fotos da Festa

Estas son algunhas das fotos da nosa FESTA das LETRAS
Ceip Saco E Arce's Slidely by Slidely Slideshow