Amosando publicacións coa etiqueta bolechas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bolechas. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de febreiro de 2019

Os Bolechas ElectrECOs

Os Bolechas Electrecos están a visitar moitos coles de Galicia para falar da reciclaxe de RAEE. 
Ah, que non sabedes o que é iso!
Claro, vós non estivestes na nosa biblio o día 18, e por iso non o sabedes...
Son Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. 
Vos que facedes cando se vos "morren" o ordenador, o teléfono ou a lavadora? 
Deixádelos abandoados na rúa ou no monte? Tirádelos ao colector co resto do lixo? 
Iso é o que fai moita xente, pero non é o correcto porque levan substancias perigosas que contaminan a terra, a auga e o aire.
EcoLoli ensinounos o que hai que facer con eles, porque teñen materiais moi valiosos que se poden reciclar para facer outras cousas. 
Mirade o ben que o pasamos na biblio:

domingo, 16 de decembro de 2018

Gravamos con Braulio Bolechas

O pasado 11 de decembro Braulio Bolechas estivo no cole gravando un capítulo do seu programa Brauliotuber co que anda a percorrer todos os coles de Galicia.

O tema foi os traballos do campo. Trouxemos ferramentas e algúns produtos da horta e cantámoslle unha canción.

Estade atentos o día da emisión porque, en cada programa Braulio propón un reto, unha pregunta relacionada co tema do capítulo, e quen a acerte pode gañar un premio.
Entre todos os que contesten correctamente sortearase… un curso de inglés dos Bolechas!

martes, 10 de febreiro de 2015

O Entroido dos Bolechas


Na Web da familia Bolechas atopamos a seguinte entrada:

"O entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. E é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí que sexa unha boa oportunidade para traballar múltiples contidos a partir desta temática.
Para  explicar as orixes, costumes e tradicións do carnaval galego, Os Bolechas elaboraron unha sinxela unidade didáctica destinada  ao alumnado de infantil e primaria, que lles permitirá traballar na clase a temática do entroido tanto desde o punto de vista teórico como a través de exercicios e xogos que teñen como referentes a uns personaxes ben coñecidos e queridos polos cativos: Os Bolechas.
Trátase de que os máis pequenos coñezan e participen desta festa dunha forma activa e alegre, ao tempo que se fai un primeiro achegamento a conceptos como a tolerancia, a igualdade de sexos etc. A realización dos exercicios potenciará o traballo grafomotriz, a expresión plástica e outras capacidades das nenas e nenos."

Aquí vola deixo por se queredes empregala:

luns, 19 de novembro de 2012

Os Bolechas teñen club


Gustaríache pertencer ao club dos Bolechas?
(pica na imaxe)
Ademais, se visitas a súa páxina podes xogar,  enterarte de todas as novas relacionadas con eles, e moi pronto poderás interactuar cos seus libros...Parece interesante, non si?