Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Materna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Materna. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de febreiro de 2026

Día de Rosalía e da Lingua materna


 Estes días conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro e o día da lingua materna.

Para tal ocasión, xuntámonos todos e todas na biblioteca para ler un conto sobre a vida e a obra de Rosalía. Uxía e Noelia foron as encargadas de trasladarnos a aquela época na que Rosalía destacou na poesía, na música e no sentir galego.

Ao remate, cantamos a canción " Rosalía pequeniña "

O proxecto deste curso escolar tamén estivo presente neste día e para celebrar o día da Lingua materna, adornamos un vestido de Rosalía con flores que ían escritas con diferentes palabras nos idiomas maternos do alumnado do cole.


Quedou marabilloso !!! 



martes, 22 de febreiro de 2022

O "efecto" Tanxugueiras

Tanxugueiras foi elixida como palabra do ano 2021 en Galicia segundo a votación  da web Portal de Palabras. Presaxiaba algo esta elección?

Aida, Olaia e Sabela , as Tanxugueiras, seguro que   sempre desexaron vivir da súa música, pero abofé que non pensaban conseguir tal repercusión nacional e mesmo internacional  cando decidiron participar no concurso para ir a Eurovisión.

Atopamos varias mensaxes no seu tema "Terra" , o mais claro é que España ten a sorte de gozar dunha grande riqueza cultural e lingüística e iso enriquécenos a todxs. O estribillo di que "non hai fronteiras" , que a música é universal e podes chegar a calquera sitio cantando no teu idioma porque a música, o mesmo que a lingua,  nace da terra .

  As súas pandeiretas,  as súas voces  conquistaron ao público e ás redes sociais coa súa canción que empondera a música tradicional feita por mulleres. Lograron que  España non só empatizara coa música e a lingua galegas, senón que se sentira representada por elas.

A súa aventura eurovisiva estalles permitindo facer realidade  moitos soños  pero, sobre todo, fai soñar a moitos grupos galegos que fan música dende  este recuncho de Europa chamado Galicia.

O "efecto Tanxugueiras" tamén se fixo notar no cole e  esta é a  homenaxe do alumnado de 5º e 6º a estas tres mulleres e á súa canción no Día da Lingua Materna. 

luns, 21 de febreiro de 2022

O libro das emocións: Di o que sentes

Somos galegas e galegos.  Galicia é a nosa terra e dicímolo con orgullo. Tamén sentimos orgullo da nosa paisaxe, das nosas rías, das fragas e das aldeas, da música e das festas. 

A nosa maneira de ser ven definida por todo isto e sobre todo pola nosa lingua, da que debemos estar ben orgullosas. Recibímola en herdanza e é a nosa obriga que os nosos fillos e fillas a herden de nós porque, tal e como acontece coas paisaxes, a música ou as comidas, a existencia de moitas linguas fai o mundo máis diverso e mais interesante.

 Todas as nenas e nenos que falan falego, saben tamén castelán, son bilingües.  O caso inverso non sempre se dá.

Este ano, na escola tratamos de darlle pulo á nosa lingua engadindo

ao noso vocabulario unha chea de palabras que, como non podía ser doutro xeito, están relacionadas cos sentimentos e as emocións.

martes, 23 de febreiro de 2021

Dia da lingua : Lendas e Refráns


 Neste proxecto no que estamos traballando este ano, a axuda das avoas e dos avós está sendo inestimable e moi enriquecedora.

Esta vez pedímoslles que fixeran memoria e  nos contaran as lendas que escoitaban cando eran nenas e nenos coma nós. Aquí tendes algunhas:


Os avós e as avoas  teñen gardadas na súa memoria moitas cousas que non se deben deixar perder, coma os refráns e ditos propios da nosa contorna.

Nesta recompilación tamén nos axudou a Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén que está  a facer un labor moi interesante recompilando a historia do Concello.

luns, 30 de marzo de 2020

Album de Recordos

Dende a biblioteca Escolar propuxemos unha actividade que trata de recuperar as nosas tradicións: 
Recompilamos polos albumes dos avós e bisavós fotos anteriores
ao ano 1970 e observamos as actividades que se realizaban , como foi cambiando a roupa ó longo do tempo, como eran os xoguetes ...
O noso album colaborativo aínda está sen facer, pero deixámosvos unha mostra da exposición que estabamos montando no cole antes da corentena.
Cando pase todo isto, cando nos vexamos de novo, todo estará preparado para que poidades desfrutala... e para que expliquedes aos compañeirxs o que se ve nesas fotos 

xoves, 27 de febreiro de 2020

Día da lingua materna

" Para fomentar o Desenvolvemento sostible, o alumnado debe ter acceso á educación na súa lingua materna e noutros idiomas"  Isto non o dicimos nós, díxoo a que foi directora xeral da UNESCO ata 2017.
A lingua materna é aquela na que os nen@s aprenden a falar e a relacionarse coa súa contorna máis próxima.  
E, por que é tan importante a lingua materna, a lingua propia? 
Porque a través dela adquirimos as habilidades básicas de lectura, escritura e matemáticas. Ademais, é o medio trasmisor da nosa cultura, dos nosos valores tradicionais  ... 
A educación na lingua materna contribúe a unha educación de calidade (ODS 4), pois facilita a aprendizaxe e mellora as capacidades para aprender outras linguas.

Por este motivo,  quixemos dedicar un programa de Radio á nosa lingua:

xoves, 21 de febreiro de 2019

Día da Lingua Materna: Definicións ao noso xeito

No Día Internacional da Lingua Materna atopamos unha triste noticia: cada catorce días morre un idioma. Nos últimos dez anos desapareceron máis de cen linguas. 😔
Para que unha lingua non desapareza, hai que falala, manexar o maior número de palabras que poidamos aprender.
Ti, cando atopas unha palabra que non coñeces, que fas?
Eu penso:  A que me soa? Que me suxire? 
Este proceso ten moito que ver coa imaxinación, o vocabulario, a asociación de ideas, a capacidade de síntese e, por suposto, coa escritura. É un proceso creativo.
Facendo uso de todos estes recursos,   puxemos a proba a nosa creatividade e inventamos definicións para as palabras que nos facilitaron os profes.











venres, 23 de febreiro de 2018

Dime o teu nome ...

O nome dunha persoa é a súa seña de identidade. É o primeiro que aprendemos dxs nosxs compañeirxs e o primeiro que preguntamos cando coñecemos a unha persoa.
O nome di moito de nós e de quen nolo puxo, tamén das modas, historia e evolución da sociedade.
Cantos  nenxs da escola levan nomes en galego?
Quen decidiu chamalos así?
Cal é a orixe do nome de cada un?
Estas son algunhas das preguntas que nos fixemos no cole e que os nenxs tiveron que responder, axudados pola familia.
Así soubemos que algúns irmáns maiores participaron na elección do nome, noutros casos o nome xa o levaban os papás ou os avós e pola contra, moitos escolleron nomes que ninguén na familia tiña.
Tamén descubrimos os significados de algúns nomes : "beleza",  "intelixencia", "estrela"
Averiguamos tamén que hai xente famosa que leva o mesmo nome ca nos : Clara Campoamor, Pablo Picasso,  Victor Hugo,  Ainhoa Arteta ...

Velaquí o libro dos nosos nomes:

                             


Gracias a todos pola vosa participación e axudar a coñocernos un pouco mellor.

mércores, 21 de febreiro de 2018

Dia da lingua materna (e paterna)

GALEGO NA CASA, PORQUE É NATURAL,
GALEGO NA ESCOLA PORQUE NON FAI NINGUN MAL,
PORQUE É IMPORTANTE APRENDER A AMAR
O IDIOMA DA TERRA NA QUE NACES
OU NA QUE VIVES E  ESTÁS A DISFRUTAR.

A variedade das linguas do mundo é unha riqueza, porque as linguas transmiten maneiras diferentes de achegarse á realidade e de apreciala. Por iso hai que coidar que esa diversidade se manteña.

lingua nai, a lingua da casa é a que primeiro adquiren os nosxs  fillxs. Seguir transmitindo o galego na familia e na escola é unha forma de continuar unha cadea construída desde os afectos.

 O galego tece lazos entre nós e achéganos a outras comunidades lingüísticas irmás.


 Celebra a túa lingua o ano enteiro

mércores, 22 de febreiro de 2017

O souto das palabras

As paredes da escaleira  transformáronse nun souto e nunha carballeira con árbores cheíñas de follas coas nosas palabras favoritas.

Cal é a vosa?


O Souto das palabras by Slidely Photo Gallery

Acordádevos de votar polas vosas palabras os enlaces da entrada anterior e de animar aos vosos familiares e amigos a que o fagan. 

luns, 20 de febreiro de 2017

Dia da Lingua Materna


No galego, ao igual que en todas as linguas, hai moitas palabras fermosas, únicas, históricas, propias, prestadas...
Todas nos pertencen e debemos coidalas e protexelas para que coninuen formando parte da nosa fala, do noso patrimonio cultural.
No Día da Lingua materna, 21 de febreiro, queremos render homenaxe ás palabras da lingua galega.
Cada neno/a elixirá dúas palabras: a que mais lle gusta polo significado que ten,  e a que prefire pola súa sonoridade. Escribiráas dentro dunha folla de castiñeiro ou carballo acompañadas dun debuxo esquemático (visual thinking) e con todas elas construiremos o noso souto e a nosa carballeira de palabras fermosas.

Queremos elixir as dúas palabras preferidas e para iso tendes a vosa disposición uns formularios:






Para elixir as vosas palabras favoritas ( picade na imaxe)









Para elixir as palabras que vos gustan pola súa sonoridade (picade na imaxe)






Tod@s os  podemos colaborar votando

Animade aos vosos familiares e amigos!