Tanxugueiras foi elixida como palabra do ano 2021 en Galicia segundo a votación da web Portal de Palabras. Presaxiaba algo esta elección?
Atopamos varias mensaxes no seu tema "Terra" , o mais claro é que España ten a sorte de gozar dunha grande riqueza cultural e lingüística e iso enriquécenos a todxs. O estribillo di que "non hai fronteiras" , que a música é universal e podes chegar a calquera sitio cantando no teu idioma porque a música, o mesmo que a lingua, nace da terra .
As súas pandeiretas, as súas voces conquistaron ao público e ás redes sociais coa súa canción que empondera a música tradicional feita por mulleres. Lograron que España non só empatizara coa música e a lingua galegas, senón que se sentira representada por elas.
A súa aventura eurovisiva estalles permitindo facer realidade moitos soños pero, sobre todo, fai soñar a moitos grupos galegos que fan música dende este recuncho de Europa chamado Galicia.
O "efecto Tanxugueiras" tamén se fixo notar no cole e esta é a homenaxe do alumnado de 5º e 6º a estas tres mulleres e á súa canción no Día da Lingua Materna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario