Uns grelos ou verzas, unhas fabas, unhas patacas e un trisco de unto son os principais ingredentes . E que ferva todo moi a modiño.
A nosa cociñeira todo o cociña "de gloria" , e o caldo non ía ser menos! Saiulle para chupar os dedos!
Un Caldo de Gloria para recordar a Rosalía no seu día, segundo a proposta da Fundación Rosalía de Castro, para poñer en valor tanto a gastronomía tradicional como a lingua galega a través dos manteis individuais que solicitou a encargada de comedor e nos que figura o poema e unha explicación sobre o caldo .
Ningún comentario:
Publicar un comentario