Somos galegas e galegos. Galicia é a nosa terra e dicímolo con orgullo. Tamén sentimos orgullo da nosa paisaxe, das nosas rías, das fragas e das aldeas, da música e das festas.
A nosa maneira de ser ven definida por todo isto e sobre todo pola nosa lingua, da que debemos estar ben orgullosas. Recibímola en herdanza e é a nosa obriga que os nosos fillos e fillas a herden de nós porque, tal e como acontece coas paisaxes, a música ou as comidas, a existencia de moitas linguas fai o mundo máis diverso e mais interesante.
Todas as nenas e nenos que falan falego, saben tamén castelán, son bilingües. O caso inverso non sempre se dá.
Este ano, na escola tratamos de darlle pulo á nosa lingua engadindo
ao noso vocabulario unha chea de palabras que, como non podía ser doutro xeito, están relacionadas cos sentimentos e as emocións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario