domingo, 13 de setembro de 2026

Comezamos un novo curso! 🌈

 Xa estamos de volta!

O CEIP Saco e Arce abre as súas portas para dar comezo ao curso 2026-2027, un novo curso cheo de ilusión, novos retos e moitas experiencias por compartir.

Comezamos esta nova aventura con ganas de aprender, de descubrir, de xogar,de crear e, sobre todo, de seguir medrando xuntos como comunidade educativa.

E como non podía ser doutro xeito, Efrén tamén quixo dar a benvida ao novo curso. Para recibirnos, preparou uns pequenos detalles que nos acompañarán neste comezo tan especial.

Agardamos que este sexa un curso cheo de momentos felices, aprendizaxes e lembranzas bonitas.

Benvidos ao Saco e Arce! 💚