Biblioteca Inclusiva

Para a UNESCO, a educación inclusiva é "o medio máis eficaz para combater as actitudes discriminatorias, construindo unha sociedade inclusiva  que proporcione unha educación para todos". 

Hai alumnado que parte con desvantaxe con respecto á maioria dxs compañeixs e ,aínda que tecnoloxía non garante a solución destas desigualdades, facilitarlle a estes alumnxs o acceso a mesma é basico, e  se vai acompañado de sesións de formación de usuarios, constituirá un paso máis para a  inclusión destes grupos 

A continuación  tendes unha listaxe facilitada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, con aplicacións que favorecen a aprendizaxe nas distintas áreas, ofrecen contos en diferentes formatos e idiomas, recuros para practicar as operacións matemáticas, para programar, gravar vídeos... e que pronto estarán descargadas nas tablets das que dispomos no centro.



O  Espazo Argalleiro recolle a maior parte destes materiais:  hai xogos de mesa que fomentan o diálogo, a comprensión das operacións matemáticas, o cálculo mental, a comunicación e identificación das emocións ou a atención  entre outros aspectos. Tamén hai recursos.que favorecen a aprendizaxe a través dos sentidos.  
As mesas de luz son zona de descubrimento nas que varios nenos poden construír, crear historias, explorar obxectos, texturas, cores… a través dos seus sentidos. Para traballar con elas, mercamos tamén  distintos materiais, como fichas de cores, papeis translúcidos,   pezas de construción translúcidas e magnéticas, area ...

O lugar dedicado ás construcións tamén favorece a creatividade e a atención. Os materiais que utilizamos son pezas de Lego de diferentes tamaños e cores, que poden ser utilizadas para creacións en vertical, con placas para construción adheridas a unha  parede, ou en horizontal, nas placas dispoñibles para utilizar nas mesas ou no chan. 
Tamén temos pezas de madeira  que  promoven a creatividade na construción de distintos deseños.


Ademáis,  a nosa biblioteca vaise completando coa adquisición de
novos recursos e fondos cos que enriquecemos a nosa colección, algunhos dos cales podedes atopar na guía de lectura que atoparedes picando na imaxe da esquerda: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario