xoves, 21 de xuño de 2012

Emili Teixidor

"Contaxiar o desexo de ler é coma contaxiar calquera outra convicción profunda: so se pode conseguir , ou mellor intentar, por simple contacto, imitación ou seducción .
Non se trata de encher ningún vaso (cerebro) baleiro,  senón de prender nunha silveira o lume que nos axita. Polo simple contacto dunha chama.
O mellor contaxio/contacto é o exemplo. "
Hai dous días, na tarde do 19 de xuño, coñecíamos a nova da morte de EMILI TEIXIDOR, unha das persoas máis comprometidas co fomento da lectura nestepaís, a través da súa obra e a través do seu exemplo.  
Escribiu tanto libros infantís e xuvenís como para adultos. Para nen@s é coñecido o seu personaxe   da formiga Miga, e para adultos escribiu novelas como “Caza menor” ou “Pan negro”. Grazas á adaptación ao cine desta última, o gran público puido descubrir a este autor.
Afortunadamente, quédannos os seus libros. 

sábado, 16 de xuño de 2012

sábado, 9 de xuño de 2012

No verán, ler e xogar

Aqui tendes o Mural dixital que preparei con actividades, xogos e lecturas para o verán.
Pasade o rato por riba e elixide o que queirades.
Espero que o disfrutedes!

venres, 8 de xuño de 2012

Lecturas frescas...

Remata o curso pero non remata o gusto pola lectura.
Verán, vacacións, tempo libre .... mmm! ... que pracer!
Collemos a maleta e enchémola con todo o que precisamos: bañador, crema solar, gorro ... e un bo montón de libros...
Sabedes que podedes achegarvos a Biblio e reservar os libros que vos apeteza levar para pasar un verán ... fresquiño... lendo.
Cando? Onde? :
Na praia á hora de merendar,
durante a hora da sesta, cando a casa está en silencio e non sabes que facer,
debaixo da sombrilla,   
á beira dun regato,
 nun banco comendo un  xeado,
no coche mentras vas de viaxe,       
antes de durmir… 
Onde queiras... LE

Aquí vos deixo unha selección de libros, para que escollades ... 
A ver si conseguides convertirvos en Super-Le-ons  tamén no verán !