xoves, 27 de febreiro de 2020

Día da lingua materna

" Para fomentar o Desenvolvemento sostible, o alumnado debe ter acceso á educación na súa lingua materna e noutros idiomas"  Isto non o dicimos nós, díxoo a que foi directora xeral da UNESCO ata 2017.
A lingua materna é aquela na que os nen@s aprenden a falar e a relacionarse coa súa contorna máis próxima.  
E, por que é tan importante a lingua materna, a lingua propia? 
Porque a través dela adquirimos as habilidades básicas de lectura, escritura e matemáticas. Ademais, é o medio trasmisor da nosa cultura, dos nosos valores tradicionais  ... 
A educación na lingua materna contribúe a unha educación de calidade (ODS 4), pois facilita a aprendizaxe e mellora as capacidades para aprender outras linguas.

Por este motivo,  quixemos dedicar un programa de Radio á nosa lingua:

domingo, 23 de febreiro de 2020

O entroido xa chegou : Venres de Entroido

Este ano, coa nosa festa de Entroido, queremos concienciar a todo o mundo mundial do importante que é coidar o planeta. 
Non hai un PLAN B:  Ou nos poñemos mans á obra, ou acabaremos sufrindo as consecuencias!
Coma todos os anos, houbo obradoiros de disfraces en todas as aulas. Cada clase preparou a súa "comedia" seguindo a tradición do Entroido de Mugares. As actuacións consistiron en cancións relacionadas coa problemática medioambiental, a reciclaxe, a alimentación natural, o desplazamento sostible ... 
Tamén se elaboraron pancartas alusivas ós temas elixidos polas respectivas clases para elaborar o seu disfrace.
Non faltaron á cita os "avós e avoas" do Centro de Día de Toén.
E tivemos unha unha visita moi especial: un grupo de Señoritas e Labardeiros de Mugares que, cos seus axóuxeres,  puxeron a nota festiva. 
No video reflíctense os momentos previos ó desfile, a maquillaxe dxs artistiñas, e outros momentos especiais do día.

xoves, 20 de febreiro de 2020

O entroido xa está aquí ...

Estes son os mandadiños de Efrén para a semana de Entroido.
Xa vedes que está tan concienciado coma nós co do desenvolvemento sostible e todos teñen que ver con este tema...
E as nenas e nenos cumpriron os desexos de Efrén:

O primeiro día decatámonos de que tanto as plantillas da sanidade como do ensino están formadas cada vez por profesionais máis novxs.



O segundo día os lentes máxicos permitíronnos ver o mundo da cor que queremos : moito máis verde 


O xoves houbo disfraces moi diferentes, algúns feitos de materiais reciclados e ata se sumou á festa un cigarrón .
 Tamén participamos nas "batallas" de comadres e compadres.