" Para fomentar o Desenvolvemento sostible, o alumnado debe ter acceso á educación na súa lingua materna e noutros idiomas" Isto non o dicimos nós, díxoo a que foi directora xeral da UNESCO ata 2017.
A lingua materna é aquela na que os nen@s aprenden a falar e a relacionarse coa súa contorna máis próxima.
E, por que é tan importante a lingua materna, a lingua propia? Porque a través dela adquirimos as habilidades básicas de lectura, escritura e matemáticas. Ademais, é o medio trasmisor da nosa cultura, dos nosos valores tradicionais ...
A educación na lingua materna contribúe a unha educación de calidade (ODS 4), pois facilita a aprendizaxe e mellora as capacidades para aprender outras linguas.
Por este motivo, quixemos dedicar un programa de Radio á nosa lingua:
Ningún comentario:
Publicar un comentario