Tendo en conta que escribir en galego no século XIX non resultaba sinxelo pois a nosa lingua estaba moi desprestixiada e menosprezada, Rosalía soubo dar unha
mensaxe de amor e compromiso coa terra, coa lingua, coas persoas, coa igualdade, coa xustiza..., unha mensaxe difícil naquela época, na que ser muller e falar galego non eran situacións doadas, pero unha mensaxe que máis de cen anos despois aínda segue vixente e segue sendo necesaria .
Despois de facer un repaso pola figura literaria da Autora, e da busca dalguns dos seus poemas nos que atopamos esa tristura que a acompañaba sempre por estar lonxe da súa terra, pasamos a ilustralos e lelos diante dos compañeirxs.
Estas foron as poesías que escollemos:
Rosalía foi unha migrante, como se lles chama agora a esas persoas que teñen que deixar a súa terra para buscar un traballo, un lugar mellor onde criar xs fillxs, un sitio tranquilo onde vivir... Andivo Errante Polo Mundo... coa súa pena ás costas.
Dende hai uns meses, Rosalía xa non ten so unha presenza universal, ten unha presenza estelar... Está no firmamento, xunto co exoplaneta Río Sar .
Rosalía, que xa era unha estrela para todxs nós, ten agora a sua propia estrela no ceo, unha estrela lonxana, a 240 anos luz da terra que a viu nacer aló polo ano 1863
O grupo de 5º de EP, xunto con Lara , de 6º , realizaron un programa para a Radio Tarabela coa homenaxe de todo o colexio á nosa escritora máis universal:
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Ningún comentario:
Publicar un comentario