Unímonos ó reto "Calcetíns Desparellos" impulsado por Down Galicia para dar visibilidade ás persoas con Sindrome de Down e fomentar a súa inclusión.
Hoxe había que levar calcetíns diferentes coma símbolo de que "todxs somos diferentes e iguais á vez".
A Síndrome de Down non é unha enfermidade. É a alteración xenética máis común nas persoas, que teñen tres cromosomas no par 21.
Trátase de poñer en valor os logros e capacidades destas persoas , reivindicar a súa integración familiar, escolar, laboral e social e fomentar a súa inclusión nas actividades cotiás a través da formación e o emprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario