
Estamos vivindo unha situación que nunca antes se dera no mundo , e os maiores xa empezamos a estar cansos de non poder saír a pasear cando nos peta, de non poder ir ao cine ou a cenar con amigos...
Por iso nos preguntamos que pensaredes vós, os nenos e nenas de todo isto...
As mestras e mestres fixemos este video para darvos ánimos e dicirvos que todo isto pasará e volveremos dar apertas, volveremos celebrar os aniversarios e xogar cos amigos.
ÁNIMO, nenas e nenos! pero, por agora , o lema é QUEDA NA CASA, como facemos todos.💚💙💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario