PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos b>. Amosar todas as publicacións
luns, 19 de xuño de 2023
luns, 8 de xuño de 2020
Día dos Océanos
Os que somos de interior gozamos mirando o mar, o océano. E buscando nos nosos álbumes de fotos atopamos unhas cantas onde vemos imaxes do mesmo oceano dende diferentes sitios , algúns ben alonxados ...🌅 "Un mar que ronca, que ten trenzas, que ás veces anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra, e que molla con poemas"
"Mares con ondas amarelas, 🌊
con illas coma estrelas,🌟
mares de plumas que son de auga e mel,🌐
mares de tinta verde con barquiños de papel."🚤
Antonio García Teijeiro
Neste taboleiro tendes recollidas as fotos das que vos falei ao principio:
sábado, 18 de xaneiro de 2020
Elixe ben a cor ...
Estamos a participar no proxecto "Recíclate con Sogama" , un programa de educación ambiental que ten por obxecto promover a implicación do alumnado na xestión sostible dos residuos. Tamén ten moito que ver co consumo responsable, a menor produción de lixo , o fomento da reutilización e a reciclaxe. É dicir, que desenvolve moitos obxectivos do noso proxecto anual. Para facilitar a recollida selectiva de lixo, Sogama enviou ao centro unha "illa de reciclaxe" formada por tres colectores (amarelo, azul e verde) e que instalamos no patio. Tamén nos mandaron unhas bolsas-caixa que foron repartidas polas aulas e un composteiro para o tratamento da materia orgánica que se xenera no comedor escolar . O compost que obteñamos empregarémolo no horto . Ademáis, tivemos unha xornada de formación na que nos explicaron os conceptos básicos da sostibilidade aplicada ós residuos, aclararon as dúbidas que tiñamos e falaron sobre a problemática que, nas sociedades modernas, representa a elevada xeración de lixo e como combatela a través das boas prácticas ambientais . Elixe ben a cor by Slidely Photo Gallery Se todxs camiñamos na mesma dirección, evitaremos que o lixo afecte á nosa saúde e benestar e contribuiremos a protexer a nosa contorna tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico ( disminución de custos para os nosos concellos ) |
xoves, 13 de xuño de 2019
Baiona
"O sabor da aventura está no mar", o programa do Plan Proxecta no que participamos ao longo deste curso, invitounos a visitar Baiona.
Estivemos na Casa da Navegación, onde vimos as redes, as nasas e outros aparellos de pesca que se empregaban hai uns anos. Tamén nos amosaron un dos poucos petroglifos con forma de barco que se teñen atopado. Ten máis de 2000 anos e está en Oia e vimos unha maqueta da nao Santa María e unha réplica do Scarlet Knight, pequeno submarino que cruzou por primeira vez o Atlántico sen tripulación.
CasaNavegacionBaiona2019 by Slidely Slideshow
Fomos tamén á lonxa,onde se subasta o peixe e o marisco que se captura en Baiona, aínda que non había moita actividade. Explicáronnos como se fai a subasta e que especies son as máis habituais : ourizo, ameixa, percebe, robaliza ...
LonxaBaiona2019 by Slidely Photo Gallery
Invitáronnos a unha comida mariñeira, con ensalada e hamburguesa de peixe....
Hora de xantar by Slidely Photo Gallery
Recorremos o paseo arredor do castelo de Monte Real . Hai unhas vistas fantásticas!
De paseo by Slidely Photo Gallery
En Baiona hai unha réplica da Carabela "La Pinta", unha das que levou Cristobal Colón para descubrir América. A esta vila chegou de regreso no ano 1493 capitaneada por Martín Alonso Pinzón. Así, Baiona converteuse no primeiro porto de Europa que recibiu a noticia do descubrimento do novo continente.
Dentro puidemos ver figuras que representan a tripulación e aos indíxenas americanos, ademáis de reproducións dos metais , plantas, alimentos e animais exóticos que acharon no novo mundo.
NavegamosComaColón by Slidely Photo Gallery
Por último, visitamos a Virxe da Rocha. É unha escultura de granito coa cara e as mans de mármore branco, construida en 1930 polo arquitecto modernista Antonio Palacios. Ten 15 metros de altura e representa a patroa dos mariñeiros sostendo unha barca na súa man. Dende o mirador hai unhas espectaculares vistas da ría.
Paisaxe by Slidely Photo Gallery

sábado, 18 de outubro de 2014
Bibliotecas e cadros
Pensades que unha biblioteca pode ser o tema dun cadro?
Credes que haberá pintores que representen (ou representaron) este tema nos seu cadros ?
Pois si... as bibliotecas foron e seguen sendo motivo de inspiración para os artistas
Moitos pintores, de todos os estilos pictóricos, debuxaron coas súas pinceladas bibliotecas reais ou imaxinarias, mostrando nos seus lenzos a súa visión destes lugares.
Para algúns semellan ser o paraíso da imaxinación e da fantasía, para outros o paraíso do saber, para os de mais alá o paraíso do entretemento...
E vós, como vedes a biblioteca?
Que imaxe tendes dela?

Que é para vós?
Mirade estes cadros que seleccionei para vós. A ver que vos parecen. Ao rematar, respondende a estas preguntas:
En que biblioteca credes que estarán gardados os vosos libros favoritos?
Cal é a biblioteca que mais vos gustou?
mércores, 25 de setembro de 2013
A volta ao mundo con Efrén
Encántame viaxar !!
A quen non?
Seguro que este verán fostes a algún sitio interesante...
Convídovos a acompañarme nunha viaxe arredor do mundo... So tendes que elixir o país que queredes visitar e investigar na biblio ou na rede (xa vos dirá @ vos@ profesor@) para coñecelo todo sobre el : as súas paisaxes, os seus costumes, a súa música , o seu idioma...
Hai tantas cousas que podedes descubrir....!!!
Estades preparados para a travesía ?
Podedes comezar aquí
xoves, 2 de maio de 2013
Poemas ás árbores
Un dos apartados da miniquest Palabra de árbore propoñíavos escribir un poema a unha árbore que para vós sexa especial.
Este é o resultado:
Este é o resultado:
xoves, 21 de marzo de 2013
Palabra de árbore
As árbores están ao noso arredor e teñen, como calquera outra especie animal ou vexetal, unha función definida no ecosistema. Por iso é importante coñecelas e respectalas, para asegurar a súa conservación para xeracións futuras e para a propia saúde do planeta.
Acompáñannos desde o principio dos tempos e, entre outras cousas, proporciónannos sombra, humedecen o ambiente, osixenan e purifican o aire, diminúen a contaminación, protexen contra a erosión e engaden beleza a paisaxe.
Son unha obra de arte natural e un agasallo para os sentidos.
O mesmo que a poesía.
Debe ser por iso que o 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, coinciden as dúas conmemoracións :o DÍA DA ÁRBORE e o DÍA DA POESÍA.
Este ano preparamos esta MiniQuest que vos irá guiando para que ,
empregando a información que achedes nos libros da biblio e na rede, aprendades cousas novas e recordedes outras moitas que xa sabiades sobre as árbores .
No obradoiro literario propoñémosvos que poñades a proba a vosa creatividade e escribades un poema, un canto ás árbores e ao bosque.

MiniQuest: PALABRA DE ÁRBORE
Aquí atoparedes contos, xogos, información, adiviñas.... e unha GUIA DE LECTURA para estes días
<
Poemas sobre árbores escritos por autores galegos - Un precioso traballo do CEIP Victor Sáenz
Poemas sobre árbores escritos por autores galegos - Un precioso traballo do CEIP Victor Sáenz
xoves, 7 de marzo de 2013
Bicos e Apertas
O amor aos fill@s é instintivo e sin condicións. É o único amor que dura para sempre, o único que non nos vai defraudar nunca.
http://www.authorstream.com/Presentation/ceipsacoearce-1723966-bicosapertasei/
@s fill@s precisan que os pais lles manifesten o seu afecto con palabras, con xestos, con bicos e apertas.
E que mellor maneira que dedicarlles un poema?
Porque cada un d@s nos@s nen@s é unic@ e irrepetible, e esa diferencia é o que @s fai únic@s e valios@s.
E este recoñecemento é esencial para desenvolver a súa autoestima.
Recollemos nestas presentacións os poemas que escribistes para agasallar aos vosos fillos e fillas o día de San Valentín.
Podedes sentirvos orgullos@s!!
BicosApertasbi
More PowerPoint presentations from Ceip Saco E Arce
E esta é a ligazon para ver os poemas de E. Infantil
E esta é a ligazon para ver os poemas de E. Infantil
mércores, 13 de febreiro de 2013
O noso Entroido
Seguindo coa tradición de disfrazarnos segundo o tema do proxecto que se está a desenvolver no centro, este ano toca "Con Efrén nos Xogos Olímpicos".
Comezamos a semana cos "mandadiños" que Efrén nos encarga para cada día:
O venres é o día grande.
Despois de xantar puxemos os disfraces que preparamos nas clases e saímos ao patio.
As vestais portadoras do lume Olímpico leron o pregón, invitando a tod@s a participar da festa:
Moitos pais, nais, avós... e amigos achegáronse ao cole a ver o noso desfile.
A profe de música escribiu a letra da canción deste ano "Imos a gañar!", coa música |
A ver cantos atopades representados no noso baile...
martes, 18 de setembro de 2012
Novo curso, novo proxecto

Co novo curso, comeza de novo o traballo, o aprender cousas novas e recordar todas as que xa sabemos.
O noso primeiro Proxecto para este curso vai ser "Os Xogos Olímpicos".
Xa coñecemos moitas cousas sobre o tema (deixeivos algo de información durante o verán), pero seguro que hai moitas outras que nos gustaría coñecer.
Todo o colexio investigará sobre este tema : os deportes, a historia, os países...
A ver que descubrimos...!
xoves, 12 de abril de 2012
Preparando o mes de maio
Se queredes empezar a traballar sobre VALENTIN PAZ ANDRADE , o autor ao que se dedica o Día das Letras Galegas este ano, aquí vos deixo unhas ligazóns que vos poden resultar útiles.

Biografía (1ª parte): http://www.youtube.com/watch?v=-q13aLrabSs&feature=related
Biografía (2º parte) http://www.youtube.com/watch?v=pneBH3S82qk&feature=relmfu
Poema http://www.youtube.com/watch?v=eEzTTe-SISA
Obras http://www.youtube.com/watch?v=sMUw0C_IeVs&feature=relmfu
Telexornal informativo sobre a figura do autor realizado no CPI dos Dices en Rois : http://www.youtube.com/watch?v=SqHzbANC9tE&feature=relmfu
LIM feito no Ceip Condesa de Fenosa:
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/lim_letras_2012/valentin_paz_andrade.html
Actividades do Seminario Galan para todos os cursos: http://seminariogalan.org/inicio/portada

domingo, 5 de febreiro de 2012
Había unha vez... un circo!
Que divertido, verdade?
A quen non lle gusta ir ao circo e disfrutar cos pallasos, os malabaristas, os trapecistas, os domadores...?
A min encántame.
Porque... que sería a vida sen risas? Seguro que faltaría algo ... Acompañádesme?
Aquí vos deixo algúns recursos:
- Para escoitar
Musica do Circo del Sol
Poesías sobre o circo, recitadas
- Para xogar
"El circo" para EI e 1º C (do CNICE)
Pallasos malabaristas, atopado en juegoswapos
- Para ver
Vídeos de circo (do blog Circo y poesía)
- Para ler
- Para aprender
O circo: circos mais populares , orixe dos pallasos, pallasos famosos, malabaristas, magos ... (do blog Circo y poesía)
xoves, 2 de febreiro de 2012
Sementando a paz na escola
Estas son algunhas das actividades que fixemos este ano:
Tiñamos que facer fotografías que representasen "palabras bonitas" que comezasen ou contivesen as letras que nos tocaran.
Aquí tendes o resultado:
Cada ano, imoslle engadindo unha estrofa.
- PAZ-abecediario.
Tiñamos que facer fotografías que representasen "palabras bonitas" que comezasen ou contivesen as letras que nos tocaran.
Aquí tendes o resultado:
- Reporteiros pola paz
Observamos que nos xornais non é doado atopar boas noticias.
Por iso, a nosa tarefa foi escribir boas novas que nos gustaría ver publicadas nun xornal. Somos optimistas e, aínda que teñamos que agardar, confiamos en que os nosos desexos se farán realidade algún día.
Este é o noso periódico:
- A paz é o camiño: Sementando a paz polo mundo
Cada grupo investigou sobre algunha das persoas ou institucións galardoadas co Premio Nobel da Paz. Coa información tivemos que completar unha das follas dun libro colectivo que tiñamos na entrada e expoñer o noso traballo diante d@s compañeir@s.
- Todos os anos cantamos o noso himno de PAZ.
Cada ano, imoslle engadindo unha estrofa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)