Son unha obra de arte natural e un agasallo para os sentidos.
O mesmo que a poesía.
Debe ser por iso que o 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, coinciden as dúas conmemoracións :o DÍA DA ÁRBORE e o DÍA DA POESÍA.
Este ano preparamos esta MiniQuest que vos irá guiando para que ,
empregando a información que achedes nos libros da biblio e na rede, aprendades cousas novas e recordedes outras moitas que xa sabiades sobre as árbores .
No obradoiro literario propoñémosvos que poñades a proba a vosa creatividade e escribades un poema, un canto ás árbores e ao bosque.
MiniQuest: PALABRA DE ÁRBORE
Aquí atoparedes contos, xogos, información, adiviñas.... e unha GUIA DE LECTURA para estes días
<
Poemas sobre árbores escritos por autores galegos - Un precioso traballo do CEIP Victor Sáenz
Poemas sobre árbores escritos por autores galegos - Un precioso traballo do CEIP Victor Sáenz
Que recompilación mais coidada, e a presentación moi orixinal. Gústanos moito ese Prezi.
ResponderEliminarUn saúdo dende Moaña