Coma todos os anos (ou case todos) celebramos o día da árbore cunha charla medioambiental e unha prantación.
Pepe Santos Otero, é un axente forestal que con asiduidade visita o noso cole, para concienzarnos da necesidade de que tod@s nos impliquemos no coidado dos bosques.
En primeiro lugar mostrounos unha presentación en ppt que daba a coñecer algúns datos escalofriantes sobre o impacto dos incendios, sobre todo en Ourense. Tamén nos falou do valor dos nosos recursos e da importancia de ter conciencia ambiental xa dende pequen@s.
E esta é a nosa pequena homenaxe :
E esta é a nosa pequena homenaxe :
Ningún comentario:
Publicar un comentario