Recibimos a visita de Inacio Vilariño por xentileza do Consorcio Editorial Galego S.A.
Foi unha sesión de animación pensada para nen@s dende os 3 anos, co fín de achegal@s un pouco máis ao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...
Inacio adícase a escribir, pero tamén as artes escénicas e dirixe unha compañia "Fantoches Baj", coa que ten representado varias obras.
A súa admiración pola cultura popular reflíctese tanto no eido investigador como creativo. No ano 2009 gañou o VII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques para adultos coa súa obra "Auga que non has beber". Ao ano seguinte foi o gañador do VIII Premio Barriga Verde na modalidade infantil con "Fábula Galénica"
Descubrimos que é un deses contacontos que fai que @s nen@s se metan no conto e participen activamente.
Contounos varios contos de burros e rematou cunha canción onde empregou o encadeamento de elementos propio dos contos acumulativos.
Tod@s lle axudamos a cantala e, como proba, queda este video:
Ningún comentario:
Publicar un comentario