Tanto na familia como na escola temos a responsabilidade de preparar aos nenxs para a vida.
Debemos educalxs para que tomen conciencia de que todxs debemos promover os valores da non violencia, o respecto e o diálogo na resolución de conflictos.
A celebración do día da PAZ debe ensinarnos a convivir en harmonía, a respectar as opinións dos demais, a ser honestos, a querer aos compañeirxs e a ser bos os uns cos outrxs.
Inmersos como estamos no Proxecto anual sobre o cine, durante toda a semana, o alumnado reflexionou sobre estes temas a través do visionado de curtametraxes seleccionadas polo equipo de biblioteca. Cada clase tivo que representar nun cartaz as ideas e valores que transmitía a película que lles tocara en sorte . Despois, nunha xuntanza na biblioteca, fixeron unha exposición oral das súas reflexións diante dxs compañeirxs .
Todos os cartaces forman parte do noso "filme de paz" que quedou exposto nas paredes do cole.
Se queredes ver máis:
<
Dia da Paz 2018 by Slidely Photo Gallery
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
mércores, 31 de xaneiro de 2018
venres, 26 de xaneiro de 2018
En Toén seguemos cantando ... con Susa Herrera
A visita de Susa Herrera encheunos de emoción a todxs.
Só podemos dicir que, ademáis de traer boa música, trouxo boas vibracións e bos sentimentos.
Nótase que lle gusta o que fai e demóstrao.
Nótase que lle gusta o que fai e demóstrao.
Presentounos o libro "En Cabárceno se sigue cantando" (témolo na Biblio grazas a Candela e Lara Nieto, que o mercaron para nós como agasallo) que ven acompañado dun CD e un DVD
Ademais de cantar ,bailar facendo un percorrido polos sons dos cinco continentes,
aprendemos moitas cousas sobre algúns dos animais que viven no Parque da Naturreza de Cabárceno, en Cantabria
Ademais de cantar ,bailar facendo un percorrido polos sons dos cinco continentes,
GRAZAS, profe Arturo, por invitala.
luns, 22 de xaneiro de 2018
Sergei Eisenstein
Hoxe Google rinde tributo ao talento de Sergei Eisestein, dedicándolle un dos seus doodles animados.
Pero, quen foi este home?
Polo que apreciamos na imaxe... tivo que dedicarse ao cine...
Despois de investigar un chisco, descubrimos que foi un cineasta que cambiou para sempre a maneira de editar as películas e que foi considerado o "pai da montaxe cinematográfica" debido ás súas revolucionarias ideas. Despois de investigar sobre estes temas, desenvolveu a súa propia teoría ao comprender que <a montaxe cinematográfica non debe consistir en xuntar unhas esceas con outras, senón que serve para conducir as emocións do espectador>, algo que tería unha grande influencia nos directores europeos e de Hollywood e que aínda continúa vixente .
Entre os seus filmes máis destacados está "O acorazado Potemkin", estreada en 1925.
domingo, 21 de xaneiro de 2018
Mortadelo e Filemón celebran o seu 60 aniversario
Tal día coma onte, hai 60 anos (20/01/1958), aparecía publicada no número 1394 da revista "Pulgarcito" a primeira historieta protagonizada por dous aprendices de espías bastante torpes : Mortadelo e Filemón. O seu creador, Francisco Ibáñez, concebiunos coma unha parodia de Sherlock Holmes e o Dr. Watson e coma un reflexo das películas de Charles Chaplin e Harold Lloyd.
Tiveron tanto éxito que non tardaron en protagonizar a súa propia revista e foron aparecendo novos personaxes: o profesor Bacterio, a señorita Ofelia, ou o Super.
Durante estes anos os dous axentes levan protagonizado máis de 200 álbumes, varias películas, e portadas de revistas, e as súas absurdas aventuras chegaron a países como Alemaña, Francia, Italia, Grecia, Holanda, Turquía, Brasil ou Dinamarca....
Os dous axentes foron "trending Topic" en Twitter durante o día do seu aniversario. Entre as felicitacións atopamos moitos parabéns para o seu creador.
Ao longo deste ano 2018, a editorial recuperará varios volumes antigos e publicará varias novidades, entre elas o Especial Mundial 2018, que levará aos dous axentes ao páis anfitrión, Rusia.
Xa sabedes que se vos pasades pola Biblio atoparedes moitos libros destes xenios do HUMOR con maiúsculas.

luns, 1 de xaneiro de 2018
Feliz Ano
Que o 2018 sexa para todxs a mais incrible das lecturas.
Que nos faga viaxar, soñar, disfrutar novas experiencias.... VIVIR
Temos 12 meses por diante para concienciar, para emocionarnos, para ser valentes, para cometer erros e aprender deles, para celebrar a vida, para CAMBIAR O MUNDO.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)