Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pintura. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de maio de 2015

Visitamos unha exposición pictórica

 Acompañados polos "profes" achegámonos a exposición  "O bodegón oculto-  A natureza morta na arte contemporánea galega" no Centro cultural  ABANCA .  

Un bodegón, tamén coñecido como natureza morta, é unha obra de arte que representa animais, flores e outros obxectos, que poden ser naturais (froitas, comida, plantas, rochas ou cunchas) ou feitos por unha persoa (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas, instrumentos, libros etc.) situados nun espacio determinado.

A exposición estaba formada por 33 obras de artistas galegos como Luis Seoane, X. Prieto Nespereira, Suso Fandiño e moitos outros .  A través deles observamos  os cambios que se foron producindo na arte a través dos  bodegóns. 

mércores, 6 de maio de 2015

Versións Libr@s

 Así como moitas películas teñen remakes e moitos libros contan cunha versión cinematográfica (ás veces non moi axeitada, por certo),  nós non quixemos ser menos e propuxemos aos nenos e nenas que fixeran versións ... nada máis e nada menos que de CADROS FAMOSOS: que nos ofrecesen a súa propia versión de varias obras maestras da arte universal.
Eso si, o único requisito era que colocaran un libro no cadro para que a lectura fora a protagonista do mesmo.
E así @s nos@s artistas deron unha nova interpretación a cadros tan famosos como o "Guernica" de Picasso, "O cabaleiro da man no peito" de O Greco ou "A Gioconda" de Leonardo , representando aos seus protagonistas dedicándose ao pracer da lectura.

Todo é posible nestes cadros que fan da nosa biblioteca un lugar especial.

Presentámosvos as tres salas da nosa Galería de Arte .









<

sábado, 18 de outubro de 2014

Bibliotecas e cadros

Pensades que unha biblioteca pode ser o tema dun cadro?
Credes que haberá pintores que representen (ou representaron)  este tema nos seu cadros ?
Pois si... as bibliotecas foron e seguen sendo motivo de inspiración para os artistas
 Moitos pintores, de todos os estilos pictóricos, debuxaron coas súas pinceladas bibliotecas reais ou imaxinarias,  mostrando nos seus lenzos a súa visión destes lugares.
 Para algúns semellan ser o paraíso da imaxinación e da fantasía, para outros o paraíso do saber, para os de mais alá o paraíso do entretemento...
E vós, como vedes a biblioteca?
Que imaxe tendes dela?
Que é para vós?

Mirade estes cadros que seleccionei para vós. A ver que vos parecen. Ao rematar, respondende a estas preguntas: 
En que biblioteca credes que estarán gardados os  vosos libros favoritos? 
Cal é a biblioteca que mais vos gustou?