Amosando publicacións coa etiqueta EspazoArgalleiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EspazoArgalleiro. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de abril de 2020

A rapazada colabora

Ao longo destes días, moitas son as colaboracións que estamos a recibir no correo da biblioteca por parte do alumnado que , ademáis de facer as súas tarefas escolares, aínda ten tempo de animar aos demáis coas súas ideas
  • Oliver, de EI 3 , realizou  un experimento

  • Sira, de EI4  ensinounos como practica os números dun xeito moi divertido
  • Darian de 2 EP le un libro


  • Xoana  de 5 EP converteuse en locutora de radio e enviounos un programa desde a súa casa:
  • Inés de 6EP cantounos a canción "Vivir", de Rozalén   que traducimos ao galego  o outro día
  • Aixa de 6EP  mandounos un video no que nos ensina a tecer cos dedos unhas diademas moi xeitosas 

  • Xoana, enviou outra  aportación: Unhas recomendacións de lectura que, nestes días de encerro, ben se agradecen...

sábado, 21 de decembro de 2019

Espazo Argalleiro: Xincana TIC

Como este ano o centro está a participar no Proxecto Digicraft, a Biblioteca e o Equipo TIC, organizaron unha xincana tecnolóxica. 
En que consistiu?
Pois o alumnado, formando equipos de  9  participantes de todas as idades, tiveron que pasar por todas as "estacións" e realizar as probas que se lles propuñan, eso sí, dun xeito colaborativo.
 En cada "estación" tiñan que obter unha valoración positiva para, ao final, lograr unha recompensa.
O alumnado realizou actividades que non so se basean no uso de dispositivos electrónicos, senón que implican o desenvolvemento de habilidades motoras e cognitivas, o pensamento lóxico e o traballo en equipo. 
Con algunhas das apps das que dispoñen as tabletas realizaron actividades como crear un videoxogo, buscar información utilizando a realidade aumentada, crear un anuncio publicitario, crear un video de animación...


Foi unha mañá moi productiva e divertida para todo o alumnado.