En que consistiu?
Pois o alumnado, formando equipos de 9 participantes de todas as idades, tiveron que pasar por todas as "estacións" e realizar as probas que se lles propuñan, eso sí, dun xeito colaborativo.
En cada "estación" tiñan que obter unha valoración positiva para, ao final, lograr unha recompensa.
O alumnado realizou actividades que non so se basean no uso de dispositivos electrónicos, senón que implican o desenvolvemento de habilidades motoras e cognitivas, o pensamento lóxico e o traballo en equipo.
Con algunhas das apps das que dispoñen as tabletas realizaron actividades como crear un videoxogo, buscar información utilizando a realidade aumentada, crear un anuncio publicitario, crear un video de animación...
Foi unha mañá moi productiva e divertida para todo o alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario