martes, 23 de febreiro de 2021

Dia da lingua : Lendas e Refráns


 Neste proxecto no que estamos traballando este ano, a axuda das avoas e dos avós está sendo inestimable e moi enriquecedora.

Esta vez pedímoslles que fixeran memoria e  nos contaran as lendas que escoitaban cando eran nenas e nenos coma nós. Aquí tendes algunhas:


Os avós e as avoas  teñen gardadas na súa memoria moitas cousas que non se deben deixar perder, coma os refráns e ditos propios da nosa contorna.

Nesta recompilación tamén nos axudou a Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén que está  a facer un labor moi interesante recompilando a historia do Concello.

xoves, 18 de febreiro de 2021

Descubrindo a Rosalía

 Achégase o día 24 e, coma en anos anteriores , preparámonos para festexar a Rosalía   de

Castro, a nosa poeta máis universal.

Primeiro imos coñecer un pouco máis á nosa autora a través do traballo de varios profes:

Toda a información que obteñades serviravos para solucionar con éxito os seguintes xogos:
E, para colaborar na proposta da AELG deste ano, podedes elixir a vosa canción no panel seguinte picando nos iconos ou imaxes de Rosalía.

mércores, 17 de febreiro de 2021

O Entroido en Mugares

 Investigamos sobre a celebración do Entroido en Mugares, un pobo que pertence ao concello de Toén e de onde proceden varios nenos e nenas da nosa escola.  

Grazas a Floro del Monte pola súa foto


Pois , alá polo ano  2003 un grupo de mulleres decidiu recuperar a tradición e os traxes típicos de entroido . A estas alturas, o entroido de Mugares é recoñecido e xa forma parte do patrimonio inmaterial da provincia.

Na última páxina da presentación engadimos un video onde, precisamente este martes de entroido,  a Presidenta da Asociación de Mulleres Rurales "Amencer" e a Concelleira de Cultura falan sobre esta tradición dentro da  8ª edición de "Máscaras Tradicionais" do Museo do Pobo Galego


domingo, 14 de febreiro de 2021

Entroido no cole

 Este ano o entroido no cole, como en tódolos demais sitios, foi raro.

 Sen desfile, sen público, sen visitas ... 

Pero, iso si... con disfraces e "comedias". 

sábado, 13 de febreiro de 2021

Entrevista entroideira


 Na nosa ansia de obter información sobre o entroido de Mugares, chamamos a varias portas para que as avoas ou avós nos contaran o que recordan.

 Como eles non quixeron que os gravaramos, os nenos e nenas de 3º entrevistaron ao papá de Martín que se prestou voluntario para informalos. 

GRAZAS, Ángel.


venres, 12 de febreiro de 2021

Científicas: A ciencia non ten xénero

 Celebramos un ano máis o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para promover e incentivar  a súa presenza neste ámbito no que, coma en noutros  moitos estiveron silenciadas durante moitos anos ao longo da historia.

Por iso non son moitas as mulleres populares na historia da ciencia. Moitas tiveron que loitar contra o sexismo e traballar en condicións miserables para que, ao final, despois de tanto esforzo, os seus descubrimentos foran atribuídos aos seus colegas masculinos ou incluso aos seus maridos. 

Entre elas, atopamos a Esther Lederberg e as súas investigacións sobre o funcionamento dos virus e como afectan ás bacterias e  aos seres humanos. Fixo descubrimentos fundamentais en colaboración co seu home, pero o día no que a el lle entregaron o Premio Nobel, ela nen sequera foi mencionada no discurso de agradecemento.

Esta tendencia a menospreciar os logros científicos levados a cabo por mulleres ten nome, <<efecto Matilda>>. Nettie Stivens, descubridora dos cromosomas que determinan o sexo; Rosalind Franklin, cuxas investigacións foron imprescindibes para o achádego da estrutura do ADN ou Lise Meitner, "nai" da fisión nuclear son algunhas desas "Matildas" ás que aínda hai que facer xustiza.

Aínda que hoxe en día falemos moito de igualdade, séguense mantendo estereotipos que afastan ás mulleres das carreiras técnicas.

No panel de embaixo descubriredes a algunhas destas mulleres.

Animádesvos a ser coma elas?

domingo, 7 de febreiro de 2021

Entroidando


A estas alturas, outros anos xa andariamos entroidando. 

Pero este ano imos vivir o Entroido máis raro dos últimos corenta : coas rúas case desertas, sen desfiles, sen celebracións;  aínda que  o espíritu festivo siga connosco.

Por mor da pandemia, todos os concellos onde o Entroido é a festa máis celebrada, cancelaron os festexos.

No cole, imos festexar estas datas en "grupos burbulla", sen mesturarnos uns cos outros e sen a compañía das familias coma outros anos.  Tamén teremos o noso "festival de  comedias", pero en diferido. Gravaremos o que prepare  cada aula e poderedes ver os disfraces e as representacións  no Bloguesquío.

Para documentarvos sobre esta tradición en Galicia, deixovos unha páxinas moi interesantes:

👺     28 personaxes do Entroido ourensán

👒    O Entroido en Mugares

👾   Entroidar: Documental

🎉   O Entroido dia a dia

💃    Canto sabes do Entroido? : Xogo para repasar o vocabulario 

🙌   A correr o Entroido! : Xogo de Verdadeiro/ Falso

😎   Do Entroido: Xogo

luns, 1 de febreiro de 2021

Día da PAZ

  O dia 29, coma todos os anos, no cole celebramos a tolerancia, a solidariedade, a amizade o respecto ... todas esas palabras que non poden quedar niso, solo palabras.

Por iso rexeitamos os insultos, ameazas e enfrentamentos dentro e fóra da escola. 

No patio cantamos a canción "Eu teño alguén" , e separados en grupos burbulla, para non ter problemas...

Poñer un sorriso no noso día a día para afrontar as dificultades que imos atopando no camiño e a axuda mutua é o que queremos transmitir co noso mural onde aparecemos todas e todos collidos das mans e sostendo os lemas que cada unha escribiu.