Celebramos un ano máis o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para promover e incentivar a súa presenza neste ámbito no que, coma en noutros moitos estiveron silenciadas durante moitos anos ao longo da historia.
Por iso non son moitas as mulleres populares na historia da ciencia. Moitas tiveron que loitar contra o sexismo e traballar en condicións miserables para que, ao final, despois de tanto esforzo, os seus descubrimentos foran atribuídos aos seus colegas masculinos ou incluso aos seus maridos.
Entre elas, atopamos a Esther Lederberg e as súas investigacións sobre o funcionamento dos virus e como afectan ás bacterias e aos seres humanos. Fixo descubrimentos fundamentais en colaboración co seu home, pero o día no que a el lle entregaron o Premio Nobel, ela nen sequera foi mencionada no discurso de agradecemento.
Esta tendencia a menospreciar os logros científicos levados a cabo por mulleres ten nome, <<efecto Matilda>>. Nettie Stivens, descubridora dos cromosomas que determinan o sexo; Rosalind Franklin, cuxas investigacións foron imprescindibes para o achádego da estrutura do ADN ou Lise Meitner, "nai" da fisión nuclear son algunhas desas "Matildas" ás que aínda hai que facer xustiza.
Aínda que hoxe en día falemos moito de igualdade, séguense mantendo estereotipos que afastan ás mulleres das carreiras técnicas.
No panel de embaixo descubriredes a algunhas destas mulleres.
Animádesvos a ser coma elas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario